Concello de Alfoz
ALFOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
24/Novembro/2023

ALFOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para visibilizar o compromiso contra a violencia de xénero o Concello de Alfoz levará a cabo unha serie de actividades.
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2023
20/Novembro/2023

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2023

Aberto o prazo de solicitudes de axudas de concorrencia competitiva do Concello de Alfoz para a promoción do deporte correspondentes ao ano 2023. PINCHA na noticia para acceder ao documento publicado no BOP de Lugo do 18 de novembro.
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES EDUCATIVAS E FORMATIVAS DO CONCELLO DE ALFOZ 2023
20/Novembro/2023

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES EDUCATIVAS E FORMATIVAS DO CONCELLO DE ALFOZ 2023

Publicada no BOP de 18 de novembro a convocatoria subvencións actividades educativas e formativas 2023 do Concello de Alfoz. PINCHA na noticia para acceder á información.
IZADO DO GALARDÓN: BANDEIRA VERDE DE GALICIA 2023. Xoves 23 de novembro ás 16:15h diante da Casa do Concello de Alfoz.
16/Novembro/2023

IZADO DO GALARDÓN: BANDEIRA VERDE DE GALICIA 2023. Xoves 23 de novembro ás 16:15h diante da Casa do Concello de Alfoz.

Alfoz acada por terceiro ano consecutivo a Bandeira Verde de Galicia. Este galardón recoñece a labor dos concellos, e sobre todo dos veciños e veciñas, no coidado da paisaxe e patrimonio, no traballo cara a eficiencia enerxética, a xestión dos residuos e a educación e sensibilización medioambiental. O Concello de Alfoz presentou un total de 31 accións ou iniciativas nos 4 ámbitos de actuación, acadando a puntuación necesaria para todas elas e, polo tanto, a concesión un ano máis da Bandeira Verde. Queremos felicitar ao resto de municipios galegos que tamén recibiron o galardón, que neste ano foron 18.
NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 18. GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) CON "ASASINATO NA TENDA DE ROUPA"
16/Novembro/2023

NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 18. GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) CON "ASASINATO NA TENDA DE ROUPA"

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) “ASASINATO NA TENDA DE ROUPA” O grupo de teatro comezou a súa andaina alá polo ano 1993. En principio as súas actuacións transmitíanse polo circuíto pechado do antigo Hospital Xeral para contribuír a humanizar a convalecencia dos enfermos. Co tempo as representacións comezaron a facerse en aberto, contando coa asistencia do público que acudía ao salón de actos do propio hospital. Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícanse pero aparecen en escena o gran detective Sherlock Sánchez e o seu axudante Cirilo Burrámez, que conseguen resolver os crimes de desentrañar os segredos de Dona Katiusca.
AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ
11/Novembro/2023

AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ

O Concello de Alfoz pon a disposición de cada parroquia do municipio as novas subvencións nominativas de Nadal. PINCHA NA NOTICIA para acceder ao modelo de convenio da subvención e á comunicación enviada ás distintas AAVV e culturais para esta finalidade.
Páxina 40 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO