Concello de Alfoz
ITV AGRÍCOLAS
27/Setembro/2023

ITV AGRÍCOLAS

"SOÑADORA DAS ÁRBORES" DE RAQUEL QUEIZÁS. SÁBADO 30 DE SETEMBRO ÁS 19:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. TODOS OS PÚBLICOS
25/Setembro/2023

"SOÑADORA DAS ÁRBORES" DE RAQUEL QUEIZÁS. SÁBADO 30 DE SETEMBRO ÁS 19:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. TODOS OS PÚBLICOS

Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba "na póla". O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida... Só comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudábel. "SOÑADORA DAS ÁRBORES" é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza.
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2023
22/Setembro/2023

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2023

Ata o 18 de outubro, na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz, con cita previa no teléfono 982 238 920. Pincha na noticia para ver toda a información no cartel: destinos, datas, documentación a presentar, requisitos...
DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA GRATUÍTA O 23 DE SETEMBRO DIANTE DO CONCELLO
20/Setembro/2023

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA GRATUÍTA O 23 DE SETEMBRO DIANTE DO CONCELLO

O venres día 23 de setembro poderedes degustar de balde produtos do mar entre as 12:00 e as 15:00 e as 18:00 e as 21:00
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 23/24: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES
15/Setembro/2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 23/24: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES

O luns 18 de setembro ábrese a inscrición para as modalidades deportivas de ximnasia de mantemento, aeróbic, ioga e pilates. Prazas limintadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro. Comenzan en outubro e rematan en maio. Pincha na noticia e verás máis información na folla de inscrición ou no tfno. 982 558 001.
Páxina 41 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO