Concello de Alfoz
NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ. TODOS OS SÁBADOS ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. ENTRADA DE BALDE.
28/Outubro/2023

NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ. TODOS OS SÁBADOS ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. ENTRADA DE BALDE.

O 4 de novembro, Rebuldeira Teatro presenta " Cita previa: historias disparatadas na consulta médica" dentro do Circuito de Teatro Afeccionado da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do cal tamén teremos, o sábado 11, ao Colectivo Cultural Ollomao con "Pan con chocolate". O sábado 18, O Grupo de Teatro do Hospital de Lugo (HULA) representará a comedia "Asasinato na tenda de roupa" e o sábado 25, remataremos con "Vivan os noivos" de A Adala, ambas subvencionadas polo Concello de Alfoz, Área de Cultura. SE QUERES MÁIS INFORMACIÓN DE CADA UNHA DAS OBRAS, MIRA NA SECCIÓN DE NOVAS DO CONCELLO https://www.concellodealfoz.com/novas.html
NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO
28/Outubro/2023

NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO

A Blblioteca Municipal de Alfoz, abrirá os MÉRCORES, XOVES E VENRES, de 14:00h a 21:00h a partir do 2 de novembro.
EMPREGO: OFICIAL/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES MAQUINISTA-CONDUTOR/A
27/Outubro/2023

EMPREGO: OFICIAL/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES MAQUINISTA-CONDUTOR/A

Obxecto: Convocatoria para o proceso de selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal para a cobertura en réxime de interinidade por substitución de traballador da praza de oficial/a servizos múltiples maquinista-condutor/a. Prazo límite de presentación de instancias: 6 de novembro. Máis información pinchando na noticia para ver a convocatoria.
II CARRERIRA POPULAR VALADOURO-ALFOZ
21/Outubro/2023

II CARRERIRA POPULAR VALADOURO-ALFOZ

O 4 de novembro terá lugar a II Carreira Popular Valadouro Alfoz. A saída da andaina e carreira absoluta terá lugar dende diante a Casa da Cultura do Valadouro ás 10h e ás 10:30h, respectivamente. As probas de menores serán a partir das 11:30h saíndo dende diante o Pavillón de Alfoz. A entrega de dorsais efectuarase na Oficina de Turismo do Valadouro. Na presentación da carreira estiveron Manolo Cadramón, Xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; Daniel García, Deputado Provincial e Eliseo Teijeiro e Eliseo Lorenzo, Concelleiros de Deportes de Valadouro e Alfoz. Se entras na noticia poderás acceder á inscrición.
EMPREGO: XEFE/A DA UNIDADE DE SERVIZOS SOCIAIS
18/Outubro/2023

EMPREGO: XEFE/A DA UNIDADE DE SERVIZOS SOCIAIS

Obxecto: Convocatoria para o proceso de selección (e formación de listaxe) de funcionario/a interino/a coa categoría de Xefe/a da Unidade de Servizos Sociais. Prazo límite de presentación de instancias: 2 de novembro. Máis información pinchando na noticia para ver a convocatoria.
Páxina 42 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO