Concello de Alfoz
PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 12 DO SEVA, DITOS E REFRÁNS DO VALADOURO ILUSTRADO E EXPOSICIÓN DE XOSÉ BRANCO NO CASTELO DE CASTRODOURO
21/Agosto/2023

PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 12 DO SEVA, DITOS E REFRÁNS DO VALADOURO ILUSTRADO E EXPOSICIÓN DE XOSÉ BRANCO NO CASTELO DE CASTRODOURO

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto ás 20:00h no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro" ilustrados por Xosé Branco e a exposición da súa obra que permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro. Lionel Rexes, autor da recopilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro. O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.
"O NOSO TEATRO". ENCONTRO TEATRAL: Xesús Pisón e Manuel Lourenzo.
07/Agosto/2023

"O NOSO TEATRO". ENCONTRO TEATRAL: Xesús Pisón e Manuel Lourenzo.

Venres 18 de agosto, ás 20:30h na Casa da Cultura de Alfoz. Presentación da man de Lionel Rexes. Lecturas dramatizadas de "Nai vella" de Xesús Pisón interpretada por Inma Orol e "Belicosario" de Manuel Lourenzo interpretada polo autor e por Pepa Lorenzo. A terceira parte do evento será o relato dos dramaturgos sobre os seus comezos no teatro e rematarase cun coloquio entre os asistentes.
NOITES DE CAMPAMENTO 2023. 22-23-24 DE AGOSTO. INSCRICIÓN A PARTIR DO 7 ATA O 14 DE AGOSTO NA OFICINA DE REXISTRO DO CONCELLO DE ALFOZ OU NA SEDE ELECTRÓNICA (descarga pinchando na noticia e accedendo ao enlace)
04/Agosto/2023

NOITES DE CAMPAMENTO 2023. 22-23-24 DE AGOSTO. INSCRICIÓN A PARTIR DO 7 ATA O 14 DE AGOSTO NA OFICINA DE REXISTRO DO CONCELLO DE ALFOZ OU NA SEDE ELECTRÓNICA (descarga pinchando na noticia e accedendo ao enlace)

Campamento para a rapazada nada entre o 2005 e 2010 (sempre e cando non cumprisen os 18 anos) os días 22, 23 e 24 de agosto. Organizado dende a Área de Xuventude do Concello de Alfoz. Gratuíta para os participantes. Goza de xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco, piscina e moito máis durante 3 días. BASES DE PARTICIPACIÓN (Pincha na noticia e accede a toda a información).
FESTIVAL BAL Y GAY EN ALFOZ. 12 DE AGOSTO NO CASTELO DE CASTRODOURO
18/Xullo/2023

FESTIVAL BAL Y GAY EN ALFOZ. 12 DE AGOSTO NO CASTELO DE CASTRODOURO

Sábado 12 de agosto, ás 20:30h no Castelo de Castrodouro. Festival Bal y Gay. Actuación de Kebyart, un espectacular cuarteto de saxofóns que intrerpretará tanto música clásica como contemporánea. Nacido en Barcelona en 2014, Kebyart é unha das agrupacións máis prometedoras da escena musical actual. Estes catro talentosos músicos comparten unha paixón infinita pola música de cámara e o desexo de levar aire fresco á forma de transmitir a música clásica. O seu empeño por transformar as súas actuacións nunha experiencia singular resulta nunha posta en escena enérxica e dinámica, eloxiada polo público e a crítica especializada. A firma inconfundible de Kebyart reflíctese nunha visión creativa sobre o repertorio construída a partir de tres eixos: a literatura orixinal, o compromiso coa nova creación e os arranxos propios sobre un amplo abanico de estilos. Toda a información, así como a venda de entradas está na páxina web: https://festivalbalygay.com/festival/.
Páxina 44 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO