Concello de Alfoz
10 DE XANEIRO, ÁS 12:45H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA: LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI.-Programa da Subdelegación de Goberno de Lugo.
02/Xaneiro/2023

10 DE XANEIRO, ÁS 12:45H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA: LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI.-Programa da Subdelegación de Goberno de Lugo.

Funcionarios e funcionarias da Subdelegación de Lugo desprazaranse a Alfoz para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital da FNMT, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de maneira dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abono de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só pódese xestionar telematicamente. O catálogo de servizos electrónicos da Delegación do Goberno en Galicia ofrece 125 trámites de maneira telemática, entre os que se atopan xestións relacionadas cos servizos de Estranxeiría; pago de taxas; comunicación de mobilizacións; validación de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas ou suxerencias ante a Administración.
PROXECTO ILUMIN@.-DEPUTACIÓN DE LUGO. IDAE. UNIÓN EUROPEA
30/Decembro/2022

PROXECTO ILUMIN@.-DEPUTACIÓN DE LUGO. IDAE. UNIÓN EUROPEA

Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios. O importe total da actuación do concello de ALFOZ é de 18.735,84 € sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 14.988,67 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 3.747,17 €. PICA NA NOTICIA PARA ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN
"NADAL NA BIBLIOTECA" PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS. 28-29-30 DE DECEMBRO E 2-3-4 DE XANEIRO.
19/Decembro/2022

"NADAL NA BIBLIOTECA" PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS. 28-29-30 DE DECEMBRO E 2-3-4 DE XANEIRO.

Na Biblioteca Pública de Alfoz, durante as vacacións de Nadal, de 17:00h a 19:00h poderase desfrutar dunha ampla programación de actividades para os más pequenos: xogos e videoxogos, manualidades, coreografías, peli...A partir do 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados/as. Son de balde e hai prazas limitadas. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). Financiado polo Ministerio de Igualdade e Consellería de Iguadade da Xunta de Galicia.
CARMEN MARRUBE OTERO, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ
18/Decembro/2022

CARMEN MARRUBE OTERO, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ

O 17 de decembro, Carme Marrube Otero celebra o seu 100 aniversario, rodeada da familia na súa casa de Carballido, Alfoz. O alcalde, Jorge Val e a Concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera entregaronlle, en nome do Concello de Alfoz, unha placa conmemorativa e un ramo de rosas como agasallo de cumpreanos para felicitala nun día tan especial. Con Carmen, xa son tres, dúas veciñas e un veciño os que acadan un século de vida no municipio.
POSTAIS GAÑADORAS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
18/Decembro/2022

POSTAIS GAÑADORAS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Estas son as postais gañadoras do certame deste ano, as cales serán o deseño dos calendarios de 2023 que o Concello realiza por estas datas e que estarán dispoñibles proximanmente para todas as persoas interesadas na Casa do Concello, na Biblioteca Municipal e Castelo de Castrodouro. Entregaranse tamén ao CEIP Castro de Ouro de Alfoz para todo o alumnado como agradecemento a súa participación un ano máis no concurso de postais.
Páxina 45 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO