Concello de Alfoz
NOVO HORARIO DE VERÁN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
21/Xuño/2023

NOVO HORARIO DE VERÁN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

A partir do 22 de xuño e ata o 1 de setembro, a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00h a 15:00h. Lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comenza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!
LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE
21/Xuño/2023

LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE

Un ano máis os máis pequenos tenen Ludiverán-Xogando en igualdade!. O prazo de inscrición abrirá o día 22 ás 8:00h na Oficina de rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica. Repartiranse as follas de solicitude no CEIP Castro de Ouro o mércores 21 e estarán dispoñibles tamén na Casa do Concello e na Biblioteca Municipal. PINCHA NA NOTICIA e accede ao modelo de inscrición e bases de participación. Actividade subvencionada polo Concello de Alfoz,Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
2ª CAMPAÑA DE COMPOSTAXE 2023. NOVO REPARTO DE COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS.
30/Maio/2023

2ª CAMPAÑA DE COMPOSTAXE 2023. NOVO REPARTO DE COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS.

En breve teremos dispoñibles composteiros domésticos para os veciños e veciñas de Alfoz. Este mes completamos a entrega de 100 composteiros, e incluso tivemos que pedir máis pola boa acollida da veciñanza o que xa se reflexa nos resultados de 2020 a 2022 coa baixada de 32 Toneladas na recollida do contedor verde. Se vives en Alfoz e queres o teu composteiro só tés que solicitalo na Casa do Concello ou na Biblioteca.
CHARLA FORMATIVA SOBRE COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO. LUNS 12 DE XUÑO.
24/Maio/2023

CHARLA FORMATIVA SOBRE COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO. LUNS 12 DE XUÑO.

Ás 18:00h do luns, 12 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, teremos unha charla formativa para aprender a coidar dos nosos oídos. Impartida polo persoal de Coidados Porta a Porta que os días 8, 9 e 12 de xuño estará en Alfoz. A actividade é aberta ao público en xeral, gratuíta e sen necesidade de inscribirse antes, ....¡anímate a vir e aprende a coidarte!
TEATRO +  ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
24/Maio/2023

TEATRO + ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

O sábado, 3 de xuño, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz teremos ao GRUPO TRÉMOLA presentando "Unha nova Galaxia", divertida recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este 2023 o Día das nosas letras. Ao remate da función entregaranse os premios de debuxo e narrativa das 3 categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán logo a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.
PUBLICADA NO BOP DE LUGO: RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO NO CONCELLO DE ALFOZ
23/Maio/2023

PUBLICADA NO BOP DE LUGO: RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO NO CONCELLO DE ALFOZ

No BOP de Lugo de data 23 de maio saen publicadas as resolucións de alcaldía para a estabilización de postos de traballo, tamén está dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Alfoz
Páxina 46 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO