Concello de Alfoz
COIDADOS PORTA A PORTA: 8-9-12 DE XUÑO EN ALFOZ
20/Maio/2023

COIDADOS PORTA A PORTA: 8-9-12 DE XUÑO EN ALFOZ

O Programa Porta a Porta volta ao Concello de Alfoz os días 8,9 e 12 de Xuño, de 9:00h a 20:00h. Os servizos son podoloxía, memoria e audición para maiores de 55 anos. Os teléfonos da cita previa son 622748283 e 623546992. A cita previa xa está aberta.
CAFETERIA CASA DA CULTURA CONCESION  DEMANIAL EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA
19/Maio/2023

CAFETERIA CASA DA CULTURA CONCESION DEMANIAL EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA

Publicado no BOP de hoxe, 19 de maio, o proceso selectivo demanial da cafetería da Casa da Cultura. Toda a información na Sede Electrónica do Concello de Alfoz (taboleiro de anuncios) e PINCHANDO NESTA NOTICIA (acceso á documentación)
PLANOS DOS BENS INVENTARIADOS NO INVENTARIO DE CAMIÑOS DO CONCELLO DE ALFOZ
19/Maio/2023

PLANOS DOS BENS INVENTARIADOS NO INVENTARIO DE CAMIÑOS DO CONCELLO DE ALFOZ

Grazas á colaboración da Excma Deputación provincial de Lugo, os planos dos bens inventariados no Inventario de Camiños do Concello de Alfoz poden ser consultados na seguinte páxina: https://eieldelugo.usc.es. PINCHA NA NOTICIA E ACCEDE AO DOCUMENTO QUE EXPLICA OS PASOS A SEGUIR.
22 DE MAIO: STA. RITA_DÍA FESTIVO PARA OS TRABALLADORES E TRABALLADORES DO CONCELLO DE ALFOZ
19/Maio/2023

22 DE MAIO: STA. RITA_DÍA FESTIVO PARA OS TRABALLADORES E TRABALLADORES DO CONCELLO DE ALFOZ

O vindeiro luns, 22 de maio, permanecerán pechadas ao público a Casa Consistorial e a Casa da Cultura ao ser día festivo para o persoal municipal. Desculpen as molestias.
CÉSAR DÍAZ CELEBRA HOXE OS SEUS 101 ANOS
16/Maio/2023

CÉSAR DÍAZ CELEBRA HOXE OS SEUS 101 ANOS

César Díaz Colmenares, veciño de Alfoz, celebra o 16 de maio os seus 101 anos. O Alcalde de Alfoz, Jorge Val e a Concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera achegáronse ao seu domicilio, na parroquia de Carballido, para entregarlle unha unha cesta de froita como agasallo e felicitalo, disfrutando coa familia deste día e desexarlle que siga gozando de tan boa saúde e humor.
BANDO.- EXPOSICIÓN PÚBLICA DO BORRADOR DO PLAN BÁSICO MUNICIPAL DE ALFOZ
15/Maio/2023

BANDO.- EXPOSICIÓN PÚBLICA DO BORRADOR DO PLAN BÁSICO MUNICIPAL DE ALFOZ

Antes de emitir o informe ambiental estratéxico, o órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas que deberán pronunciarse no prazo de 30 días hábiles. O documento e máis o borrador do Plan Básico Municipal do Concello de Alfoz está dispoñibles no portal web do órgano ambiental, expediente: 2023AAE2797. A documentación sinalada está a disposición dos interesados no Concello de Alfoz no horario de atención ao público. PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER AO DOCUMENTO COMPLETO.
Páxina 47 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO