Concello de Alfoz
O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE ALFOZ VISITA A CATEDRAL DE MONDOÑEDO
14/Maio/2023

O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE ALFOZ VISITA A CATEDRAL DE MONDOÑEDO

Despois da lectura do libro de Manuel Gago, "O anxo negro" decidimos facer a nosa primeira excursión porque o Club de Lectura é moito máis que libros,...tamén outras actividades culturais que por mor da pandemia non puidemos levar a cabo. Así que decidimos ir a visitar a Catedral de Mondoñedo e nos propuxeron unha visita guiada para ver zonas menos accesibles coma o rosetón, os Salóns Barrocos ou subir ao tellado. A palabra que mellor define a nosa impresión é "espectacular" tanto para a catedral e os tesouros que cobixa (incluída a tumba de Pardo de Cela) coma para a calidade da visita da man da guía oficial e xa non digamos a sorte de coincidir con Valentín, o campaneiro da catedral, que nos ensinou algún tesouro máis. Sen dúbida recomendamos a todo o mundo estas visitas guiadas da Catedral de Mondoñedo.
PACTO DAS ALCALDÍAS POLA ENERXÍA E O CLIMA: PACES DO CONCELLO DE ALFOZ
14/Maio/2023

PACTO DAS ALCALDÍAS POLA ENERXÍA E O CLIMA: PACES DO CONCELLO DE ALFOZ

Alfoz forma parte do PACES desde 2019 e fixo xa a súa primeira revisión en 2022. O municipio súmase a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Estas medidas traerán consigo unha redución das emisións CO2 nun 40% para o 2030, que suporá un aforro enerxético e a mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
CONCERTO DO GRUPO TUNDAL: Música Tradicional para celebrar as Letras Galegas. Venres 12 ás 20:30h no Salón de Actos de Cultura
08/Maio/2023

CONCERTO DO GRUPO TUNDAL: Música Tradicional para celebrar as Letras Galegas. Venres 12 ás 20:30h no Salón de Actos de Cultura

12 de maio ás 20:30h, concerto do Grupo Tundal no Salón de Actos da Casa da Cultura. "Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas". Actuación musical para todos os públicos para celebrar as Letras Galegas.
SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE ALFOZ A ASOCIACIÓNS E CLUBS 2022: 24.598,46€
08/Maio/2023

SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE ALFOZ A ASOCIACIÓNS E CLUBS 2022: 24.598,46€

Un ano máis, o Concello de Alfoz apoia ás distintas asociacións, clubs e entidades locais no desenvolvemento de diferentes actividades nos eidos culturais, deportivos, educativos, de festas, etc. a través de varias liñas de subvencións municipais. Coma todos os anos, publícanse as cantidades acadadas por cada unha delas a prol da transparencia.
OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO DE ALFOZ: 1 TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL E TURÍSTICO
04/Maio/2023

OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO DE ALFOZ: 1 TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL E TURÍSTICO

Dentro do Programa de reforzo do emprego 2023- Plan Único de Cooperación cos concellos da Deputación de Lugo, convócase a selección de 1 TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL Y TURÍSTICO. Pincha na noticia para acceder ás Bases Xerais, Convocatoria e Bases específicas e ao modelo de solicitude.
OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE ALFOZ: 1 CONDUTOR/A OPERARIO/A
04/Maio/2023

OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE ALFOZ: 1 CONDUTOR/A OPERARIO/A

Dentro do Programa reforzo do emprego 2023- Plan Único de Cooperación cos concellos da Deputación de Lugo, convócase a selección dun condutor/a operario/a. Pincha na noticia para acceder ás Bases Xerais, Convocatoria e Bases específicas e ao modelo de solicitude.
Páxina 48 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO