Concello de Alfoz
AFORRAR AUGA: BO PARA TI E PARA O MEDIO AMBIENTE.-CHARLA INFORMATIVA O VENRES 5 DE MAIO.
28/Abril/2023

AFORRAR AUGA: BO PARA TI E PARA O MEDIO AMBIENTE.-CHARLA INFORMATIVA O VENRES 5 DE MAIO.

Ás 19:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, o venres 5 de maio teremos unha charla informativa sobre a importancia da auga e do seu uso responsable. Veremos cómo, cambiando hábitos cotiáns de xeito sinxelo podemos conseguir rebaixar o noso consumo. A todos os asistentes entregaránselles de xeito gratuito "aireadores" para grifos, dispositivos de aforro de agua. Máis información: 982 558 001 (ext. 2)
HORARIOS DE VISITA DO CASTELO DE CASTRODOURO E OFICINA DE TURISMO
27/Abril/2023

HORARIOS DE VISITA DO CASTELO DE CASTRODOURO E OFICINA DE TURISMO

Venres, sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO O VENRES 28 DE ABRIL CON "CONSERTASSO NA HORTA" DE BRAIS DAS HORTAS
21/Abril/2023

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO O VENRES 28 DE ABRIL CON "CONSERTASSO NA HORTA" DE BRAIS DAS HORTAS

No Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 19:00h o venres 28 imos celebrar o Día do Libro!. Vente a desfrutar do espectáculo para público infantil e familiar de Brais das Hortas. Grelos e temazos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudábel! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenouras, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda á veciñanza para botarlle o sulfato ás viñas. E máis temazos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risos e ganas de cantar xuntos. Subvencionado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único Provincial 2023.
ENTREGA DOS COMPOSTEIROS SOLICITADOS E FORMACIÓN DE SOGAMA. COMPOSTAXE 2023
21/Abril/2023

ENTREGA DOS COMPOSTEIROS SOLICITADOS E FORMACIÓN DE SOGAMA. COMPOSTAXE 2023

O mércores, 3 de maio, no Salón de Actos de Cultura ás 19:00h levarase a cabo unha sesión formativa para aprender a facer compost. Aberta ao público en xeral e impartida por mestres composteiros de Sogama. Ao remate entregaranse os composteiros a todos os solicitantes que se anotaron no Concello. Se aínda non tés composteiro e queres un (o se xa tés e queres unha segunda unidade tamén se pode), pásate polo Concello ou pola Biblioteca, tamén podes vir a charla e cubrir a solicitude alí e levar o composteiro.
CURSO DE INFORMÁTICA AVANZADA. MAIO 2023
21/Abril/2023

CURSO DE INFORMÁTICA AVANZADA. MAIO 2023

O curso vai dirixido a persoas que teñan un manexo do ordenador a nivel de usuario/a. O obxetivo é sacarlle o máximo partido a través de formación de programas específicos (excel, word,...) e do uso de internet para realizar distintos trámites on line, etc. As prazas son limitadas para garantir a aprendizaxe dos participantes. É gratuíto e levarase a cabo os martes do mes de maio (2-9-16-23-30) de 20:00h a 21:00h na Biblioteca Municipal. Para máis información e para anotarse deben chamar ao 982 558 001 (ext.2).
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023.-CONVOCATORIA LOCAL: BIBLIOTECA DE ALFOZ
19/Abril/2023

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023.-CONVOCATORIA LOCAL: BIBLIOTECA DE ALFOZ

Un ano máis, todos os nenos e nenas que queiran poden participar no concurso de narración e debuxo organizado para celebrar as Letras Galegas a través da Biblioteca Pública de Alfoz e os gañadores/as da fase local participarán a nivel provincial na Biblioteca Pública de Lugo. O tema deste ano é "Libros para xogar, libros para vivir". Pincha na noticia para acceder a toda a información (bases do concurso) e lembra que debes entregar na Biblioteca os teus traballos antes do 16 de maio.
Páxina 49 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO