07/Outubro/2022
DÍA DA BIBLIOTECA. SÁBADO 22 DE OUTUBRO. OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS.
Un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca, o sábado, 22 de outubro, de 17:30h a 19:30h na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro, "Animais de conto", dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. PRAZAS LIMITADAS. As inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigurosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2). PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER AO MODELO DE INSCRICIÓN.