26/Febreiro/2023
XORNADAS SOBRE CASTIÑEIRO DE FROITO DA RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DE MIÑO EN ALFOZ
A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo. O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura. A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre: 1. época de plantación 2. preparación do terreo 3. elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas) 4. liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude) 5. normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta.... 6. coidados: guía de cultivo 7. pragas e enfermidades 8. beneficios que pode xerar 9. mercado do sector da castaña A segunda xornada, 25 de marzo, será de práctica de poda de castiñeiros. Á mesma hora e con saída desde a Casa da Cultura cara Lagoa, onde se realizará a poda. Docente: Pablo Antonio Fraga Gontán (Enx. T. Agrícola) Inscrición previa e información no Concello de Alfoz tfno: 982 558 001 (ext.2). Gratuito. Aberto a público en xeral.