Concello de Alfoz
RAMONA CORTIÑAS, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ.
25/Febreiro/2023

RAMONA CORTIÑAS, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ.

O 25 de febreiro de 1923 nacía Ramona Cortiñas, veciña da parroquia do Pereiro de Alfoz. Hoxe celebra o seu 100 aniversario rodeada da familia, varias xeracións que acompañan neste gran día a Ramona. O alcalde de Alfoz, Jorge Val, e a concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera, agasallaron en nome do Concello cunha placa conmemorativa e un ramo de rosas a Ramona Cortiñas para festexar este día con ela e a súa familia.
USA OS CONTEDORES ESPECÍFICOS PARA O ACEITE USADO DE COCIÑA: No exterior do centro de saúde, no semáforo da Seara, no Trece (enfronte da Naranxa), en Vilaúde (enfronte do Frenazo) e na Escola do Chao no Pereiro.
22/Febreiro/2023

USA OS CONTEDORES ESPECÍFICOS PARA O ACEITE USADO DE COCIÑA: No exterior do centro de saúde, no semáforo da Seara, no Trece (enfronte da Naranxa), en Vilaúde (enfronte do Frenazo) e na Escola do Chao no Pereiro.

Reciclar aceite usado é un xesto que contribúe a coidar do planeta. Esquécete de tiralo polo desaugadoiro. Desa forma non fas máis que contribuír á contaminación que ameaza na actualidade á natureza. Descobre connosco por que debes apostar pola súa reciclaxe e que beneficios conleva. A importancia de reciclar o aceite Acabaches de preparar a cea e non sabes que facer co aceite que queda na tixola. Poida que o teu primeiro impulso sexa verterlo polo váter ou polo vertedoiro da cociña. Paréceche, probablemente, o modo máis rápido e sinxelo de desfacerte del. Pero, detente! Iso sería un grave erro. Un litro de aceite de cociñar, de motor ou industrial pode chegar a contaminar un milleiro de litros de auga. E non esquezas o consecuente prexuízo que iso supón para o medio ambiente. É un dos residuos que máis costa de eliminar nas depuradoras. Corres mesmo o risco de que acabe en calquera río ou no mar. quedará suspendido na superficie, impedindo o paso do osíxeno. Finalmente, acabará prexudicando ás especies de animais e plantas que habitan nas súas augas. Por iso é imprescindible que o recicles para contribuir a preservar o medio ambiente.
INSCRICIÓNS ATA O 27 DE FEBREIRO PARA A COMIDA DO 4 DE MARZO
19/Febreiro/2023

INSCRICIÓNS ATA O 27 DE FEBREIRO PARA A COMIDA DO 4 DE MARZO

A organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase "acompañante" a aquelas persoas (fillos, coidadores, etc.) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda, tampouco pagaría (novidade, antes si pagaban). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade. Tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00h na igrexa de San Pedro e ás 14:30h será a comida en Finca Galea. O menú: vieiras á galega, bacallau ao forno, carrilleras de porco e couland de chocolate con xeado, café, chupito e bebida incluída. Rematarase cunha actuación musical.As inscricións son ata o luns 27 de febreiro no Concello. Máis información no tfno. 982 558 001
XANTAR DE HOMENAXE AOS NOSOS MAIORES. CONCELLO DE ALFOZ
09/Febreiro/2023

XANTAR DE HOMENAXE AOS NOSOS MAIORES. CONCELLO DE ALFOZ

O sábado 4 de marzo celébrase o xantar para os maiores de Alfoz. As inscricións faranse desde o 13 ao 27 de febreiro no Concello, Concellalía de Servizos Sociais. Para as persoas xubiladas e empadronadas en Alfoz será gratis, os acompañantes non xubilados e/ou empadronados interesados en asistir pagarán 40€. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). Ás 13:00h haberá misa na Igrexa Parroquial de S.Pedro de Mor e ás 14:40h dará comezo o xantar en Finca Galea, rematando cunha actuación musical e a entrega de agasallos aos asistentes máis maiores, así coma aos matrimonios que celebren as súas bodas de ouro.
OBRA DE TEATRO: "MENCIÑEIRO Á FORZA" DOS PÍCAROS DE LAGOA
06/Febreiro/2023

OBRA DE TEATRO: "MENCIÑEIRO Á FORZA" DOS PÍCAROS DE LAGOA

O vindeiro 17 de febreiro de 2023,ás 21:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os pícaros de Lagoa. A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario".
AXUDAS PARA FOMENTO DA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
06/Febreiro/2023

AXUDAS PARA FOMENTO DA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS

ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670D).
Páxina 54 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO