26/Agosto/2022
PRESENTACIÓN DO LIBRO "LAS JARRAS DEL TROTAMUNDOS" DE JAVIER MARIÑO.
Sábado 10 de setembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, presentación de "Las jarras del trotamundos". Javier Mariño Chao Naceu en Ourol (Lugo), en 1971. Está a tentar conseguir o soño de viaxar por todos os países do mundo. Hoxe en día, leva visitados 159 e fáltanlle 36 para logralo. Profesor de ensino secundario, é licenciado en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente desempeña o seu labor no IES María Sarmiento da localidade de Viveiro. O lector vai atopar un libro de viaxes, soños e intriga con dose de amores e desamores. Mergullarase nunha novela dirixida a “a todas as persoas que loitan por conseguir os seus soños, sen importar a súa idade, aínda que estes sexan quiméricos, utópicos ou improbables”, confesa o autor.