Concello de Alfoz
INEGA.-PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS 2023
17/Xaneiro/2023

INEGA.-PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS 2023

Desde o 8 de febreiro, ás 9:00h ata o 30 de setembro (ou o esgotamento de crédito) estará aberto o prazo para o Plan Renove de Electrodomésticos 2023. Toda a información en: https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2023/ficha_aforro2023_0001.html
"CINEMA MARABILLAS" DE RAQUEL QUEIZÁS EN ALFOZ. SÁBADO 28 DE XANEIRO ÁS 18:30H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA.
04/Xaneiro/2023

"CINEMA MARABILLAS" DE RAQUEL QUEIZÁS EN ALFOZ. SÁBADO 28 DE XANEIRO ÁS 18:30H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA.

VER PARA LER...Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. ...A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.
PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAS PARROQUIAS.
04/Xaneiro/2023

PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAS PARROQUIAS.

O Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz. O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,...Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda. O Programa de Dinamización das parroquias iniciouse o pasado mes de decembro na Escola da Pinguela en Lagoa cun obradoiro de creación de centros navideños. Os sábados 21 e 28 de xaneiro, ademais do 4 e 11 de febreiro terá lugar na Escola de Nenos de Adelán un Curso de bordado, de 17:00h a 19:00h. Máis información e inscricións no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de reserva. No mes de marzo serán 2 cursos de Primeiros Auxilios, un na Escola de Bacoi e outro na Escola do Pereiro. Anunciarase o día e hora proximamente na web municipal www.concellodealfoz.com. Deste xeito, iránse realizando distintas propostas: elaboración de xabón, enxertos de árbores, elaboración de conservas, arranxos florais, cestería, seguridade e contraincendios, poda, informática,...ao longo de todo o ano
10 DE XANEIRO, ÁS 12:45H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA: LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI.-Programa da Subdelegación de Goberno de Lugo.
02/Xaneiro/2023

10 DE XANEIRO, ÁS 12:45H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA: LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI.-Programa da Subdelegación de Goberno de Lugo.

Funcionarios e funcionarias da Subdelegación de Lugo desprazaranse a Alfoz para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital da FNMT, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de maneira dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abono de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só pódese xestionar telematicamente. O catálogo de servizos electrónicos da Delegación do Goberno en Galicia ofrece 125 trámites de maneira telemática, entre os que se atopan xestións relacionadas cos servizos de Estranxeiría; pago de taxas; comunicación de mobilizacións; validación de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas ou suxerencias ante a Administración.
PROXECTO ILUMIN@.-DEPUTACIÓN DE LUGO. IDAE. UNIÓN EUROPEA
30/Decembro/2022

PROXECTO ILUMIN@.-DEPUTACIÓN DE LUGO. IDAE. UNIÓN EUROPEA

Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios. O importe total da actuación do concello de ALFOZ é de 18.735,84 € sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 14.988,67 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 3.747,17 €. PICA NA NOTICIA PARA ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN
Páxina 56 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO