Concello de Alfoz
"NADAL NA BIBLIOTECA" PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS. 28-29-30 DE DECEMBRO E 2-3-4 DE XANEIRO.
19/Decembro/2022

"NADAL NA BIBLIOTECA" PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS. 28-29-30 DE DECEMBRO E 2-3-4 DE XANEIRO.

Na Biblioteca Pública de Alfoz, durante as vacacións de Nadal, de 17:00h a 19:00h poderase desfrutar dunha ampla programación de actividades para os más pequenos: xogos e videoxogos, manualidades, coreografías, peli...A partir do 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados/as. Son de balde e hai prazas limitadas. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). Financiado polo Ministerio de Igualdade e Consellería de Iguadade da Xunta de Galicia.
CARMEN MARRUBE OTERO, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ
18/Decembro/2022

CARMEN MARRUBE OTERO, NOVA CENTENARIA DE ALFOZ

O 17 de decembro, Carme Marrube Otero celebra o seu 100 aniversario, rodeada da familia na súa casa de Carballido, Alfoz. O alcalde, Jorge Val e a Concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera entregaronlle, en nome do Concello de Alfoz, unha placa conmemorativa e un ramo de rosas como agasallo de cumpreanos para felicitala nun día tan especial. Con Carmen, xa son tres, dúas veciñas e un veciño os que acadan un século de vida no municipio.
POSTAIS GAÑADORAS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
18/Decembro/2022

POSTAIS GAÑADORAS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Estas son as postais gañadoras do certame deste ano, as cales serán o deseño dos calendarios de 2023 que o Concello realiza por estas datas e que estarán dispoñibles proximanmente para todas as persoas interesadas na Casa do Concello, na Biblioteca Municipal e Castelo de Castrodouro. Entregaranse tamén ao CEIP Castro de Ouro de Alfoz para todo o alumnado como agradecemento a súa participación un ano máis no concurso de postais.
ENTREGA DE PREMIOS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
18/Decembro/2022

ENTREGA DE PREMIOS DO XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Na categoría de Ed. Infantil, a postal gañadora corresponde a Samuel Alonso Stuparu. Na categoría de 1º ciclo de Ed. Primaria o premio foi acadado por Uxía Vivero Santín e na categoría de 2º ciclo de Ed. Primaria a gañadora foi Iria Valea Barreira. A entrega de premios realizouse no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, onde Marisa Goás, Concelleira de Cultura entregou os diplomas e premios, non só aos gañadores das tres categorías senón a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro que, ademais do correspondente diploma de participación, recibiron un pequeno agasallo como mostra de agradecemento ao seu esforzo. O Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz foi quen exerceu de xurado e o tiveron bastante difícil pola calidade das obras para elixir aos gañadores, que só podían ser un por categoría. Todas as postais están expostas no exterior da Biblioteca e póden verse de luns a venres de 15:00h a 20:00h.Este certame está subvencionado a través do Plan Único da Deputación Provincial, Área de Cultura.
EXPOSICIÓN XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
17/Decembro/2022

EXPOSICIÓN XX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

No exterior da Biblioteca Municipal pódense ver todas as obras do alumnado do CEIP Castro de Ouro, participantes no XX Concurso de Postais de Nadal deste ano. Os gañadores/as das 3 categorías, Educación Infantil, 1º,2º e 3º de Prirmaria, 4º, 5º e 6º de Primaria desvelaranse esta tarde tras a actuación de Monicreques de Kukas "Xan Perillán e a maleta máxica". Noraboa a todos os participantes polas súas postais, un gran traballo de arte e imaxinación. Lembramos que o horario de apertura da Biblioteca é de 15:00h a 20:00h de luns a venres.
AXUDAS Á DIXILITACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA. PROGRAMA DE AXUDAS DO GOBERNO CENTRAL PARA IMPLANTAR SOLUCIÓNS DIXITAIS.
15/Decembro/2022

AXUDAS Á DIXILITACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA. PROGRAMA DE AXUDAS DO GOBERNO CENTRAL PARA IMPLANTAR SOLUCIÓNS DIXITAIS.

No seguinte enlace tés toda a información sobre o programa: https://gaiastech.xunta.gal/es/actualidad/ayudas-la-digitalizacion-en-galicia
Páxina 57 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO