26/Novembro/2022
EXPOSICIÓN "OS NOSOS CASTELOS: CASTRO DE OURO E O MARISCAL PARDO DE CELA" NO CASTELO DE CASTRO DE OURO DE ALFOZ
A exposición “Os nosos castelos: Castro de Ouro e ou mariscal Pardo de Cela”. Promovida polo IEGPS coa colaboración do Concello de Alfoz, está comisariada por Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, profesor “ad honorem” do CSIC, e conta co patrocinio da Axencia Galega de Turismo. Consta de 14 paneis interactivos sobre o castelo, o mariscal Pardo de Cela e a súa liñaxe, as súas propiedades e o seu impacto cultural. Estará aberta ao público ata o 22 de decembro. O horario de visitas, gratuitas, será os venres, sábados, domingos e festivos, de 10:30h a 14:30h e de 15:30h a 18:30h, fóra das festividades de Nadal e Aninovo.