Concello de Alfoz
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2022-23
29/Xuño/2022

PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2022-23

As persoas interesadas en participar poden solicitalo a través da Traballadora Social do Concello de Alfoz de luns a xoves ata o martes 19 de xullo, mediante cita previa chamando ao tfno. 982 238 920.
XOVES 30 DE XUÑO, 18:00H  NO PARQUE ALCALDE JOSÉ PALMEIRO, HOMENAXE A DOMINGO VILLAR COA LECTURA CONXUNTA DE "ALGÚNS CONTOS COMPLETOS" (EN CASO DE CHOIVA REALIZARASE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL)

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal realizará unha lectura conxunta da obra "Algúns contos completos" como homenaxe a Domingo Villar, gran escritor e magnífica persoa que recentemente faleceu, como mostra de dor polo seu pasamento e de recoñecemento a súa obra e a súa persoa. Actividade aberta a todo quen queira participar e acompañarnos na derradeira actividade antes das vacacións de verán. En setembro volvemos a empezar...
28 DE XUÑO. ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PARA LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE.
28/Xuño/2022

28 DE XUÑO. ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PARA LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE.

Todas as nenas e nenos inscritos para as actividades programadas para este verán están admitidos a día de hoxe, 28 de xuño. Están cubertas todas as prazas para as 4 quendas, aínda que se pode inscribir para lista de agarda por se hai algunha baixa. Poñer
FEMININO#RURAL EVOLUCIÓN. Proxecto da Deputación Provincial de Lugo e Mulleres Empresarias de Lugo, será presentado en Alfoz, o luns 4 de xullo, ás 11:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura

Xornadas, encontros, asesoramento, emprendemento, espazo de traballo común, intercambio, experiencias, empoderamento, sinerxias...Un espazo de traballo común para facilitar as relacións de cooperación empresarial entre as participantes. Formación e asesoramento personalizados en xestión empresarial, formación en márketing, publicidade e ferramentas TIC para formarse e modernizarse e ser máis competitivas.
ENTREGA DE COMPOSTEIROS E CHARLA FORMATIVA. MARTES 21 DE XUÑO
20/Xuño/2022

ENTREGA DE COMPOSTEIROS E CHARLA FORMATIVA. MARTES 21 DE XUÑO

Ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura teremos a charla formativa para comezar a facer compost e a entrega de composteiros solicitados previamente. Aberto a toda persoa interesada na compostaxe que xa a estea facendo ou que se inicie. MIRA A GALERÍA DE FOTOS e accede a enlaces interesantes sobre compostaxe
APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS DE ALFOZ 2022
19/Xuño/2022

APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS DE ALFOZ 2022

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a domingo, de xeito ininterrumpido de 12:00h a 20:00h poderase disfrutar das instalacións das Piscinas Municipais de Alfoz.
Páxina 59 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO