Concello de Alfoz
SÁBADO 26 DE NOVEMBRO. COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA A COMEDIA" O DOCUMENTO"
21/Novembro/2022

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO. COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA A COMEDIA" O DOCUMENTO"

O sábado 26 de novembro ás 20:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz teremos a oportunidade de desfrutar do teatro afecionado do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, coa comedia para todos os públicos "O Documento", dentro do Ciclo Gargalladas da Área de Cultura da Deputacion Provincial de Lugo
SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUITO Á PISCINA MUNICIPAL DE FOZ PARA MAIORES DE 60 ANOS.
21/Novembro/2022

SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUITO Á PISCINA MUNICIPAL DE FOZ PARA MAIORES DE 60 ANOS.

O Concello de Alfoz subvenciona un autobús para desprazarse ata a Piscina Municipal de Foz, co fin de fomentar hábitos saudables a través dun curso de natación (14€/mes) ou baño libre (obrigatorio saber nadar) (3,30€/día) que abonarán os usuarios/as (O Concello paga só o bus) todos os mércores laborables desde xaneiro ata xuño en horario de mañá. Prazas limitadas, por orde de inscrición no Rexistro Municipal, na Casa do Concello. Modelo de solicitude dispoñible tamén nesta páxina PINCHANDO NA NOTICIA. Máis información tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa)
CURSO DE CENTROS NAVIDEÑOS. DÍAS 1 E 2 DE DECEMBRO.INSCRICIÓNS A PARTIR DO LUNS 21 DE NOVEMBRO.
17/Novembro/2022

CURSO DE CENTROS NAVIDEÑOS. DÍAS 1 E 2 DE DECEMBRO.INSCRICIÓNS A PARTIR DO LUNS 21 DE NOVEMBRO.

O xoves 1 e o venres 2 de decembro, ambos días de 16:00 a 18:00h na Escola da Pinguela (Lagoa) o Concello de Alfoz oferta un curso gratuito de elaboración de Centros Navideños. A partir do luns 21 de novembro poden inscribirse as persoas interesadas chamando ao tfno 982 558 001 (ext. 2 Arantxa) ou presencialmente na Casa do Concello. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigurosa orde de inscrición. As persoas participantes deberán traer algún material concreto do que se informará antes de inscribirse.
LIÑA DE AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ
16/Novembro/2022

LIÑA DE AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ

O Concello de Alfoz pon a disposición de cada parroquia do municipio as novas subvencións nominativas de Nadal. PINCHA NA NOTICIA para acceder ao modelo de convenio da subvención e á comunicación enviada ás distintas AAVV e culturais para esta finalidade.
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO. TRÍPODE E AMIGOS PRESENTA "O MURO"
14/Novembro/2022

SÁBADO 19 DE NOVEMBRO. TRÍPODE E AMIGOS PRESENTA "O MURO"

O sábado 19 de novembro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz teremos a oportunidade de desfrutar do teatro afecionado do Grupo Trípode e amigos, coa obra "O Muro", unha comedia para todos os públicos na que traerán a Alfoz "o muro ruinoso de Pacón e Luisete e os amores dos inmigrantes e os autóctonos, mesturados todos nunha simbiose empática e afectiva. Dona Dorotea, como sempre, quixo amargarnos a festa, pero non o conseguiu: triunfaron a solidariedade e a amizade."
FESTIVAL DE CINE DE MULLERES. VENRES 18 E DOMINGO 20 DE NOVEMBRO ÁS 19:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ
10/Novembro/2022

FESTIVAL DE CINE DE MULLERES. VENRES 18 E DOMINGO 20 DE NOVEMBRO ÁS 19:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ

No mes de novembro, dentro das actividades do 25N, o Concello de Alfoz participará na iniciativa "Festival Cine de Mulleres". No Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz,os días 18 e 20 de novembro, ás 19:00h terán lugar 2 proxeccións de 2 películas, "Julia" e "Les Gardiennes", e un coloquio posterior, nun formato de cineforum dirixido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. ALFOZ.- Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. DIA 18 NOVEMBRO_19.00 H PROXECCIÓN + COLOQUIO "JULIA". DIA 20 NOVEMBRO_19.00 H PROXECCIÓN + COLOQUIO: "LES GARDIENNES"
Páxina 60 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO