Concello de Alfoz
OS DÍAS 16, 17, 18 E 21 DE NOVEMBRO O SERVIZO COIDADOS PORTA A PORTA ESTARÁ EN ALFOZ
10/Novembro/2022

OS DÍAS 16, 17, 18 E 21 DE NOVEMBRO O SERVIZO COIDADOS PORTA A PORTA ESTARÁ EN ALFOZ

Ofrece servizo gratuito de Estimulación da memoria, Podoloxía e Audioloxía. As persoas interesadas deberán chamar para máis información e CITA PREVIA ao tfno. 622 748 283 ou enviar un correo a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Estará situado enfronte da Piscina Municipal os días 16, 17, 18 e 21 de novembro.
SÁBADO 12 DE NOVEMBRO ÁS 20:30H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. TEATRO.-LUME ESCÉNICO PRESENTA "ALBERGUE CASA AMARELO. O MISTERIO DA VÍA REXIA"
07/Novembro/2022

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO ÁS 20:30H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. TEATRO.-LUME ESCÉNICO PRESENTA "ALBERGUE CASA AMARELO. O MISTERIO DA VÍA REXIA"

"Albergue Casa Amarelo .O misterio da Via Rexia." forma parte do circuíto de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial. Comedia. A partir de 12 anos. Sinopse: A Vía Rexia é a máis antiga do Camiño Norte de Santiago, pero fai séculos desapareceu dos mapas e escritos peregrinos. A razón? un misterio que debe ser resolto na mesma aldea de Xudán. Hai xudeus e xudías en Xudán? O mesmo Paco que ocupa no Vaticano o lugar de Pedro o pescador, busca unha resposta. O grande misterio da cristiandade será revelado.
Páxina 61 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO