Concello de Alfoz
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2022.
14/Outubro/2022

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2022.

Ata o 24 de outubro, na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz, con cita previa no teléfono 982 238 920. Pincha na noticia para ver toda a información no cartel: destinos, datas, documentación a presentar, requisitos...
ANPA DO CEIP CASTRO DE OURO.SÁBADO 29 DE OUTUBRO. GRUPO TEATRAL "A MARIÑA" DE CERVO PRESENTA "UN CAMIÑO PARA O RECORDO"
13/Outubro/2022

ANPA DO CEIP CASTRO DE OURO.SÁBADO 29 DE OUTUBRO. GRUPO TEATRAL "A MARIÑA" DE CERVO PRESENTA "UN CAMIÑO PARA O RECORDO"

A través do Circuíto de Teatro afecionado 2022 "Ciclo Argalladas" da Deputación Provincial, a ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz, presenta esta comedia para todos os públicos. A representación será no Salón de Actos de Cultura ás 20:30h do sábado 29 de outubro.
DÍA DA BIBLIOTECA. SÁBADO 22 DE OUTUBRO. OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS.
07/Outubro/2022

DÍA DA BIBLIOTECA. SÁBADO 22 DE OUTUBRO. OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS.

Un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca, o sábado, 22 de outubro, de 17:30h a 19:30h na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro, "Animais de conto", dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. PRAZAS LIMITADAS. As inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigurosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2). PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER AO MODELO DE INSCRICIÓN.
OBRADOIRO DE MULLER E SAÚDE. ALFOZ: 21 DE OUTUBRO.
04/Outubro/2022

OBRADOIRO DE MULLER E SAÚDE. ALFOZ: 21 DE OUTUBRO.

Actividade gratuíta da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde. Venres 21 de outubro ás 16:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Inscricións e máis información, tfno. 982 558 001 (ext.6).Impartida por Cristina Ouro, Matrona do Hospital Universitario Lucus Augusti. Ten como obxectivos: mellorar a información e copmprensión dos cambios evolutivos na muller; previr enfermidades propias do colectivo feminino; promover a saúde física, emocional e social das mulleres e fomentar os hábitos de vida saudables.
Páxina 62 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO