Concello de Alfoz
XORNADA FORMATIVA "PLANIFICACIÓN PARA A PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS" 14 DE OUTUBRO DE 10:00h A 14:00h NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ
30/Setembro/2022

XORNADA FORMATIVA "PLANIFICACIÓN PARA A PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS" 14 DE OUTUBRO DE 10:00h A 14:00h NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ

Actividade gratuíta, dirixida a poboación en activo. Impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)". É necesaria inscrición previa que se enviará a centroagroforestal@concelloderios.gal PINCHA NA NOTICIA PARA DESCARGAR A SOLICITUDE.
CURSO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA. 8 DE OUTUBRO.
26/Setembro/2022

CURSO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA. 8 DE OUTUBRO.

Actvidade gratuíta con desprazamento incluído en bus desde a Casa do Concello ata a Escola do Chao (O Pereiro) para a parte teórica e Pena Abaladoira para a parte práctica. Organizado pola RRBB Terras do Miño-Deputación de Lugo e Concello de Alfoz. Impartido por José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus. Prazas limitadas, inscricións ata o 4 de outubro no Concello ou no Tfno. 982558001 (ext.3). PINCHA NA NOTICIA PARA VER TODOS OS CONTIDOS.
EDM.-PATINAXE LÚDICO. INSCRICIÓNS DO 19 AO 26 DE SETEMBRO
15/Setembro/2022

EDM.-PATINAXE LÚDICO. INSCRICIÓNS DO 19 AO 26 DE SETEMBRO

As Escolas Deportivas Municipais inclúen a modalidade de patinaxe lúdico, dirixido a nenas e nenos de 4 a 16 anos. As clases serán os luns en sesións de 1h por grupo desde as 16:00h no Pavillón Municipal de Alfoz. O período de inscrición ábrese o luns 19 de setembro e permanecerá aberto ata o 26 de setembro. As solicitudes deberán entregarse na Casa do Concello, Oficina de Rexistro, ou na Sede Electrónica Municipal. As prazas están limitadas e accédese por rigurosa orde de inscrición. As EDM están subvencionadas polo Plan Único da Deputación de Lugo, sendo gratuitas para todos os nenos e nenas. Pincha na noticia e descarga o modelo de solicitude.
I CARREIRA POPULAR ALFOZ-VALADOURO. 9 DE OUTUBRO DE 2022
15/Setembro/2022

I CARREIRA POPULAR ALFOZ-VALADOURO. 9 DE OUTUBRO DE 2022

A I Carreira Popular Alfoz-Valadouro terá lugar o domingo 9 de outubro con saída no Castelo de Castrodouro de Alfoz e remate no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro. Organizada a través dun convenio ente ambos municipios, sendo o Concello de Alfoz o organizador principal en 2022 e alternándose en anos sucesivos, contando coa total coordinación e colaboración das respectivas Concellalías de Deportes e os seus responsables Eliseo Teijeiro no Valadouro e César Marrube en Alfoz. Destacamos ademais a colaboración de Manuel Otero , Xefe do Servizo de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia para a realización deste evento deportivo quen nos acompaña na presentación da I Carreira Popular Alfoz-Valadouro 2022 Agradecemos tamén a Manuel Eiras, responsable da Run Foz Run a súa axuda e asesoramento na organización da proba. As inscricións e regulamento da proba, están dispoñibles en Champion Chip Norte, https://ccnorte.com/evento/index/page/5? E Tour Mariña https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2392/. Data límite para as inscricións: 5 de outubro. A saída nesta edición será desde o Castelo de Castrodouro (Alfoz) onde ás 9:00h realizarase a entrega dos dorsais. Os horarios previstos segundo a categoría son: 10:00h Andaina 10:30 Absoluta (2006 e anteriores) 11:15 Pícaros (2015 e anteriores) 11:20 Benxamín (2013-2014) 11:25 Alevín (2011-2012) 11:35 Infantil e Cadetes (2007-2010) O percorrido será de 5km nos termos municipais de Alfoz e Valadouro, onde rematará á categoría absoluta e se levará a cabo tamén a saída das categorías de menores que percorrerán as distancias correspondentes no entorno do Pavillón Municipal do Valadouro onde se ubica o punto de chegada para todos e todas as participantes. Contarase coas instalación deportivas do pavillón, xinmasio e piscinas municipais do Valadouro para o uso de duchas e vestiarios para os corredores e corredoras. No pavillón habilitarase unha zona de avituallamento tras a carreira e a entrega de premios está programada para as 12:30h, onde se entregarán os trofeos e medallas aos gañadores e gañadoras das distintas categorías. O percorrido, de 5km, non é excesivamente longo nin presenta dificultade, algo que consideramos fundamental para facelo o máis accesible posible ao maior número de persoas, especialmente a aqueles e aquelas que están comezando a practicar este deporte e así contar cun amplo número de participantes. Do mesmo xeito, se adaptan as distancias para os máis pequenos e en ambos casos se trata de traxectos sinxelos.
SONS DE CELEIRO, SÁBADO 17 DE SETEMBRO, DENTRO DAS ACTUACIÓNS DO "MES DA MÚSICA DE ALFOZ"
13/Setembro/2022

SONS DE CELEIRO, SÁBADO 17 DE SETEMBRO, DENTRO DAS ACTUACIÓNS DO "MES DA MÚSICA DE ALFOZ"

As 20:30h no PAVILLÓN MUNICIPAL, o vindeiro sábado 19 de setembro, teremos a oportunidade de disfrutar co grupo musical Sons de Celeiro. Unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e armónica, dirixidas por Daniel Fdez. Caxete e Antón Docampo. Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fdez. Caxete, formarán o repertorio desta magnífica agrupación musical da Mariña.
Páxina 65 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO