Concello de Alfoz
FUENSANTA BALSEIRO MARTÍNEZ CUMPRE HOXE 101 ANOS
12/Setembro/2022

FUENSANTA BALSEIRO MARTÍNEZ CUMPRE HOXE 101 ANOS

Hoxe, 12 de setembro, Fuensanta Balseiro Martínez, celebra o seu 101 aniversario. É, polo tanto, a veciña máis lonxeva de Alfoz. O alcalde, Jorge Val, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera e o Concelleiro de Medio Rural, Cándido Paleo, agasallaron cunha cesta de froita a Fuensanta, quen goza dunha saúde de ferro e un humor envidiable, dexesándolle un feliz cumpreanos en nome do Concello de Alfoz.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 22-23: IOGA, AERÓBIC E XIMNASIA DE MANTEMENTO
12/Setembro/2022

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 22-23: IOGA, AERÓBIC E XIMNASIA DE MANTEMENTO

O luns 19 de setembro ábrese a inscrición para as modalidades deportivas de ioga (2 grupos), aeróbic e ximnasia de mantemento.Prazas limintadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello do 19 ao 26 de setembro. Comenzan en outubro e rematan en maio. Máis información (ver cartel) tfno. 982 558 001 (ext. 2 Arantxa)
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE, FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA
29/Agosto/2022

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE, FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA

Aberto o prazo de inscrición para as EDM curso 2022-23. Na modalidade de patinaxe poden participar nenas e nenos de 4 a 16 anos durante os meses de outubro a maio. En fútbol campo e fútbol sala, a partir de 3 anos durante os meses de setembro a xuño. Para inscribirse hai que entregar as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello. As actividades son totalmente gratuitas e están subvencionadas pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único, Área de Deportes. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2).
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICICIPAIS DE ALFOZ
28/Agosto/2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICICIPAIS DE ALFOZ

Do 29 de agosto ao 2 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas distintas categorías. A folla de inscrición deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello, de 8:30h a 14:30h. Pincha na noticia para acceder á ficha de inscrición (na que se atopa toda a información de horarios, etc.) Tamén se pode rexistrar a través da Sede Electrónica.
DO LUNS 29 DE AGOSTO AO 2 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE EN : MADRUGADORES, OES E INGLÉS NA OFICINA DE REXISTRO DO CONCELLO DE ALFOZ DE 8:30H A 14:30H
28/Agosto/2022

DO LUNS 29 DE AGOSTO AO 2 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE EN : MADRUGADORES, OES E INGLÉS NA OFICINA DE REXISTRO DO CONCELLO DE ALFOZ DE 8:30H A 14:30H

Pincha na noticia e accede ao modelo de inscrición. Tamén se pode facer a inscrición rexistrándoa na Sede Electrónica Municipal.
OFERTA DE EMPREGO: PEÓN PARA BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRAINCENDIOS FORESTAIS
27/Agosto/2022

OFERTA DE EMPREGO: PEÓN PARA BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRAINCENDIOS FORESTAIS

Pincha na noticia para acceder a toda a información e documentación para a oferta de emprego: Convocatoria, Bases específica e Modelo Oficial de Instancia.
Páxina 66 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO