Concello de Alfoz
RADIO IGUALDADE. PROGRAMA DO ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO E PROGRAMA DOS MAIORES DE ACTIVAMENTE
23/Novembro/2021

RADIO IGUALDADE. PROGRAMA DO ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO E PROGRAMA DOS MAIORES DE ACTIVAMENTE

PINCHA na noticia e escoita os Programas de Radio Igualdade dos nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro e dos participantes no Programa Activamente de maiores de 55. Unha máis das actividades que o Concello de Alfoz leva a cabo ao longo do ano para loitar pola igualdade, base para eliminar a violencia de xénero. Con motivo do 25N queremos visibilizar o grave problema da violencia de xénero, pero sobre todo abrir unha porta á esperanza porque hai saída, se todos e todas cada día loitamos por unha sociedade máis xusta, solidaria e realmente igualitaria.
SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021
22/Novembro/2021

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021

Publicadas no BOP do sábado 20 de novembro a convocatoria do Concello de Alfoz para solicitar subvencións de actividades deportivas 2021. PINCHA na noticia para acceder a toda a documentación.
"ACTIVANDO IGUALDADE", LEMA DO ALUMNADO DO PROGRAMA ACTIVAMENTE PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
21/Novembro/2021

"ACTIVANDO IGUALDADE", LEMA DO ALUMNADO DO PROGRAMA ACTIVAMENTE PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As persoas maiores participantes no Programa de Envellecemento Activo do Concello de Alfoz elaboraron entre todos e todas un lema para visibilizar a súa implicación na loita a prol da igualdade. A foto dos e das participantes será utilizada para elaborar un calendario para o vindeiro 2022. Esta é unha máis das iniciativas que ao longo de todo o ano se levan a cabo con eles e elas pero tamén co CEIP Castro de Ouro e coa poboación en xeral para acadar a igualdade real e loitar contra a violencia de xénero.
REUNIÓN COA VECIÑANZA DE S. PEDRO, O CASTRO, REIRADO E ASOCIACIÓNS E CLUBS DE ALFOZ
21/Novembro/2021

REUNIÓN COA VECIÑANZA DE S. PEDRO, O CASTRO, REIRADO E ASOCIACIÓNS E CLUBS DE ALFOZ

O venres 26 de novembro, ás 20:30h no Salón de Actos de Cultura, terá lugar a última das reunións coas distintas asociacións, clubs e veciñanza das parroquias de Alfoz para recoller as súas peticións para incluir nos orzamentos municipais de 2022.
CHARLA FORMATIVA PARA APRENDER A ELABORAR COMPOST
21/Novembro/2021

CHARLA FORMATIVA PARA APRENDER A ELABORAR COMPOST

O venres 26, ás 18:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura terá lugar unha charla formativa dirixida a todas as persoas interesadas en elaborar compost. Aberta a público en xeral. Ao remate da mesma entregaranse os composteiros a todos os solicitantes que se anotaron no Concello. A formación será impartida por mestres composteiros de Sogama, a quen agradecemos a súa colaboración así como facer posible a entrega dos composteiros que forma parte do Programa de Compostaxe ao que o Concello de Alfoz está adscrito desde hai anos. Agradecemos tamén aos veciños e veciñas de Alfoz a súa boa acollida desta proposta e anunciamos que o vindeiro ano faremos unha nova entrega de composteiros con este mesmo programa.
ÚLTIMA VISITA GUIADA DE ARTE E HISTORIA: CRUCEIROS DE ALFOZ (Segunda parte)
21/Novembro/2021

ÚLTIMA VISITA GUIADA DE ARTE E HISTORIA: CRUCEIROS DE ALFOZ (Segunda parte)

O sábado 27 de novembro ás 16:00h, sairemos de diante da Casa do Concello en autobús para realizar a última das visitas guiadas de arte e historia programadas para este ano. As persoas interesadas poden anotarse no tfno. 982 558 001 (ext.3) ata o venres ás 14:00h. O guía será Mario Saavedra, autor do libro "Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz. A visita é gratuita e está financiada a través do Plan Único da Deputación Provincial e organizada pola Área de Turismo de Alfoz.
Páxina 68 / 158

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO