Concello de Alfoz
XXII MERCADO MEDIEVAL: QUEIMADA TRAS A CEA MEDIEVAL DO SÁBADO
12/Xullo/2022

XXII MERCADO MEDIEVAL: QUEIMADA TRAS A CEA MEDIEVAL DO SÁBADO

Non te podes perder a posta en escena e os elementos que contén o conxuro da queimada, que case todo galego e visitante no país puido presenciar nalgún momento da súa vida, parecen tomarnos do brazo e levarnos a moitos séculos atrás. A coroza de palla, as bruxas e as meigas, os demos, os trasgos e os diaños, o lume purificador… Todo parece formar parte dunha tradición milenaria, como se un fío invisible a través do tempo nos unise co pasado ancestral...
XXII MERCADO MEDIEVAL: CEAS E COMIDAS
12/Xullo/2022

XXII MERCADO MEDIEVAL: CEAS E COMIDAS

O venres 15 de xullo dará comezo o Mercado e xa esa noite se poderá cear no entorno máxico do Castelo de Castrodouro. O sábado 15 tamén haberá a posibilidade de comer e cear. Contaremos cun restaurante de campo que ofrece distintos platos: 1 menú composto por empanada, churrasco, pan, viño, postre e café por 22€/persoa e tamén a posibilidade de elixir outros pratos coma pulpo, raxo, ... O Mercado contará con productos variados de panadería-pastelería nun posto de 10m. Ademais das mesas do propio restaurante teremos mesas e bancos do Concello para todos os que queiran levar a súa propia comida e desfrutar cos amigos e familia como xa era habitual.
PEDRO REIMUNDE FIGUEIRA SERÁ O PREGOEIRO DO XXII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ
08/Xullo/2022

PEDRO REIMUNDE FIGUEIRA SERÁ O PREGOEIRO DO XXII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ

Pedro Reimunde Figueira (Alfoz, Lugo, 1981), é neurocirurxán en Lugo e médico cooperante, tamén profesor asociado de Patoloxía Cirúrxica na Universidade da Coruña (UDC), fisioterapeuta, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, traballou en países como Guatemala, Etiopía e Camerún. Un gran profesional e excelente persoa, embaixador de Alfoz alá onde vaia. Por iso é unha honra contar coa súa presenza como Pregoeiro do XXII Mercado Medieval que terá lugar o venres 15 de xullo, ás 20:00h no exterior do Castelo de Castrodouro.
XXII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ. 15 E 16 DE XULLO NO CASTELO DE CASTRODOURO.
08/Xullo/2022

XXII MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ. 15 E 16 DE XULLO NO CASTELO DE CASTRODOURO.

Despois do parón forzoso por mor da Pandemia provocada polo COVID-19, retómase esta festa emblemática que celebra o seu vixésimo segunda edición. Os actos comezarán o venres 15 de xullo ás 20:00 h coa Inauguración do XXII Mercado Medieval no exterior do Castelo de Castrodouro co Pregón a cargo de Pedro Reimunde Figueira, xunto a representantes da Deputación Provincial de Lugo e Concello de Alfoz. Pedro Reimunde Figueira (Alfoz, Lugo, 1981), é neurocirurxián en Lugo e médico cooperante, tamén profesor asociado de Patoloxía Cirúrxica na Universidade da Coruña (UDC), fisioterapeuta, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, traballou en países como Guatemala, Etiopía e Camerún. Un gran profesional e excelente persoa, embaixador de Alfoz alá onde vaia. Por iso é unha honra contar coa súa presenza como Pregoeiro do XXII Mercado Medieval. Durante a serán do venres 15 e todo o sábado 16 de xullo, poderase gozar de espectáculos de bufóns, música en vivo, circo, romanceiros, garda medieval, entrega de medallas, acrobacias e espectáculos de lume, exposicións de armas de asedio e cirurxía antiga nas salas do castelo, taller de carpintería e taller de destilería, zona infantil con xogos e paseos a cabalo, gastronomía, postos de artesanía e diversos produtos, etc. da man de grandes artistas na contorna privilexiada do Castelo de Castrodouro. Un programa pensado para todos os gustos e idades para pasar unhas xornadas inesquecibles. O sábado 16 de xullo, ás 23:00 h poñeremos o broche final a esta edición co concerto do grupo folk Himnodium e coa “ Queima da Fachada” espectáculo onde se combinan de forma maxistral as técnicas de manipulación do lume e a maxia da pirotecnia fría para o deleite dos asistentes: danza, malabarismos, manipulación pirófaga, que culminarán no momento máxico da queima da fachada do Castelo de Castrodouro. O XXII Mercado Medieval está organizado polo Concello de Alfoz en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo que subvenciona a través do Plan Único na área de Turismo gran parte de leste.
A ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE ALFOZ XA ESTÁ TRABALLANDO NA ELABORACIÓN DA NOVA AXENDA COEDUCATIVA PARA O CURSO 22-23.
08/Xullo/2022

A ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE ALFOZ XA ESTÁ TRABALLANDO NA ELABORACIÓN DA NOVA AXENDA COEDUCATIVA PARA O CURSO 22-23.

Está é a 4ª edición da Axenda Coeducativa do Concello de Alfoz para todo o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, BAC, FP e Universidade. Un proxecto que naceu coa intención de promover a igualdade día a día a través destas axendas escolares deseñadas para cada grupo de idade, suxerindo libros, películas, documentais, webs, blogues, canais e recursos de internet. Cada ano supón un novo reto no seu deseño, o primeiro "fumos cactus", no segundo "sumerxímonos na ciencia", o pasado curso dedicámola á Rede e este ano imos ser fíos, de cores, de distintos grosores e texturas para tecer soños, desenredar nudos, atar fíos invisibles....
Páxina 69 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO