20/Outubro/2021
ALFOZ ACADA A "BANDEIRA VERDE DE GALICIA"
Hoxe, mércores 20 de outubro, o alcalde Jorge Val recolleu en Outeiro de Rei de mans do Presidente da Xunta de Galicia este galardón que só teñen 9 concellos de toda Galicia. As Bandeiras Verdes de Galicia teñen como obxectivo recoñecer a estes 9 concellos o seu esforzo e a súa implicación na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural. a Consellería de Medio Ambiente explica que este recoñecemento estaba aberto a todos os municipios de Galicia que desenvolvesen actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos, así como accións de sensibilización e comunicación para concienciar aos veciños da importancia de actuar e avanzar nestes ámbitos.