Concello de Alfoz
OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO DE ALFOZ. CONDUTOR/A-OPERARIO/A. PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2021
02/Maio/2022

OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO DE ALFOZ. CONDUTOR/A-OPERARIO/A. PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2021

No BOP nº 99 de 2 de maio de 2022, sae publicada a convocatoria e bases específicas para 1 praza de condutor/a-operario/a do Programa de Fomento de Emprego 2021 Deputación de Lugo. O prazo de presentación de solicitudes é do 3 ao 12 de maio. PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN.
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO CONCERTO DE  UGÍA PEDREIRA DO SEU ÚLTIMO DISCO "SEGMENTO CANTÁBRICO". SÁBADO 14 DE MAIO ÁS 20:30 H.
02/Maio/2022

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO CONCERTO DE UGÍA PEDREIRA DO SEU ÚLTIMO DISCO "SEGMENTO CANTÁBRICO". SÁBADO 14 DE MAIO ÁS 20:30 H.

A compositora e intérprete, natural de Vilaronte (Foz), Ugía Pedreira faranos gozar co seu novo disco e o seu debut en solitario, «Segmento Cantábrico». Será ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, da man da Delegación de Cultura Municipal. «Segmento Cantábrico» contén «un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario. Baixo ou título ‘Atalaia Norte'. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, «que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano». En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de « Follas Novas» de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias, nun disco que propón «a música como curación».
CURSOS DA FUNDACIÓN VODAFONE PARA APRENDER A USAR O MÓBIL EN VÍDEOS CURTOS DE YOUTUBE.
22/Abril/2022

CURSOS DA FUNDACIÓN VODAFONE PARA APRENDER A USAR O MÓBIL EN VÍDEOS CURTOS DE YOUTUBE.

O Concello de Alfoz está a realizar 12 cursos para aprender a usar o móbil, aproveitar ao máximo as ferramentas que nos proporciona e facernos a vida "máis fácil". Como complemento a esta formación poñemos a continuación varios enlaces (PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER) de vídeos curtos da Fundación Vodafone para utilizar os móbiles, as redes sociais, whasapp, etc. Esperamos que vos sexan útiles.
INFÓRMATE SOBRE AS AXUDAS PARA A MELLORA ENERXÉTICA E REHABILITACIÓN DE VIVENDAS 2022.
22/Abril/2022

INFÓRMATE SOBRE AS AXUDAS PARA A MELLORA ENERXÉTICA E REHABILITACIÓN DE VIVENDAS 2022.

O venres, 20 de maio, ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar unha charla informativa sobre as subvencións dispoñibles para a mellora de vivendas: rehabilitación, mellora enerxética, accesibilidade, etc. Contarase cunha empresa especializada en tramitar este tipo de axudas a particulares para informar das distintas axudas, requisitos, importes, tramitación, etc.
NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONCELLO DE ALFOZ E SOGAMA. Se estás interesado/a en facer o teu propio compost infórmate na Casa do Concello ou no tfno. 982 558 001 (ext. 2) para ter o teu propio composteiro e a formación necesaria.

Gran parte do lixo que xeramos na nosa casa é materia orgánica, que pode ser aproveitada, como emenda orgánica en hortas e xardíns. Realizar compostaxe doméstica ten moitos beneficios para todos: Reduce a cantidade de materia orgánica que vai ao contedor verde. Reduce o uso de fertilizantes inorgánicos, aos que substitúe. Aforra auga de rega debida á capacidade de retención da auga do compost. Achega os nutrientes necesarios para o desenvolvemento das plantas de forma natural. Reduce os custos de transporte dos residuos cos consecuentes beneficios para os cidadáns.
LUME ESCÉNICO, DA PONTENOVA, PRESENTA A SÚA COMEDIA TEATRAL "COUSAS DE BARES" O 7 DE MAIO.
22/Abril/2022

LUME ESCÉNICO, DA PONTENOVA, PRESENTA A SÚA COMEDIA TEATRAL "COUSAS DE BARES" O 7 DE MAIO.

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares” . Poderase desfrutar deste obra o SÁBADO 7 DE MAIO ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!. Subvencionado a través do Plan Único da Deputación de Lugo: Área de Cultura_Xornadas de Teatro.
Páxina 73 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO