01/Abril/2022
O PROGRAMA DA XUNTA DE GALICIA “COIDADOS PORTA A PORTA” ESTARÁ EN ALFOZ OS DÍAS 18, 19 E 20 DE ABRIL.
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, prestará a través deste programa, de xeito gratuíto, unha serie de coidados destinados ás persoas maiores nunha unidade móbil que estará instalada fronte á Piscina Municipal de Alfoz os días 18, 19 e 20 de abril en horario de mañá e tarde. CITA PREVIA NO TFNO: 622748283 ou en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Os servizos que se prestarán son: Servizo de audioloxía: revisión e valoración auditiva. Servizo de podoloxía: prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés. Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.