Concello de Alfoz
A CONCELLALÍA DE ATENCIÓN Á VECIÑANZA TRAMITARÁ AS SOLICITUDES DE BECAS MEC CURSO 2022-23 PARA ESTUDANTES DE ALFOZ DO 31 DE MARZO AO 11 DE MAIO.
31/Marzo/2022

A CONCELLALÍA DE ATENCIÓN Á VECIÑANZA TRAMITARÁ AS SOLICITUDES DE BECAS MEC CURSO 2022-23 PARA ESTUDANTES DE ALFOZ DO 31 DE MARZO AO 11 DE MAIO.

Desde o 31 de marzo ata o 11 de maio, os estudantes do Concello de Alfoz poden informarse e tramitar de xeito gratuíto as becas para o vindeiro curso. É necesario pedir cita previa no teléfono 982 558 001 (ext.2). No mesmo teléfono atenderase tamén calquera dúbida ao respecto. O Concello de Alfoz, ofrece este servizo ao alumnado de Alfoz desde hai 3 cursos, xunto as tramitacións de tarxetas de bus ou as propias becas de transporte municipais para os estudantes. Consideramos que é fundamental axudar e informar ás familias, sobre todo nos casos en que pasan de Educación Secundaria a estudos de BAC e FP e universidade e facilitar o máximo posible todos os trámites para facilitar o acceso á educación postobrigatoria. Este ano, o Ministerio de Educación, adianta as datas do proceso que habitualmente se realizaba nos meses de setembro e outubro. O alumnado que non teña solicitado beca antes do 12 de maio non poderá acceder a estas axudas para o curso 22-23.
CANCELADA A REPRESENTACIÓN TEATRAL DO DOMINGO 27 "COUSAS DE BARES" DE LUME ESCÉNICO
23/Marzo/2022

CANCELADA A REPRESENTACIÓN TEATRAL DO DOMINGO 27 "COUSAS DE BARES" DE LUME ESCÉNICO

Lamentamos comunicar que a comedia teatral "Cousas de Bares" de Lume Escécnico, non se poderá representar este domingo, 27 de marzo, ás 20:00h como estaba programada. Proximamente anunciaremos a data na que se poida disfrutar desta representación de teatro aficionado.
BECAS PARA ESTUDIAR O CURSO 2022-23. SOLICITUDES DO 30 DE MARZO AO 12 DE MAIO.
22/Marzo/2022

BECAS PARA ESTUDIAR O CURSO 2022-23. SOLICITUDES DO 30 DE MARZO AO 12 DE MAIO.

REUNIÓN INFORMATIVA DO CONCELLO DE ALFOZ: MÉRCORES 30 DE MARZO ÁS 19:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA. As becas dos Ministerios de Educación, Formación Profesional e de Universidades para estudiantes de: BAC, FP e Universidade (Grado e Máster) abren o prazo de solicitude o 30 de marzo. O Concello de Alfoz, informará destas axudas e abrirá, como nos anos anteriores, a oficina de Atención á Veciñanza para a tramitación das becas para o alumnado de Alfoz.
BIBIANA CANDIA, AUTORA DE "AZUCRE", O LUNS 21 ÁS 18:00H NA BIBLIOTECA DE ALFOZ.
15/Marzo/2022

BIBIANA CANDIA, AUTORA DE "AZUCRE", O LUNS 21 ÁS 18:00H NA BIBLIOTECA DE ALFOZ.

Dentro das actividades culturais de dinamización da Biblioteca Municipal, aberto a todas as persoas interesadas en asistir, terá lugar o encontro coa autora deste revelador relato novelado da historia real de 1700 rapaces galegos que viaxaron a Cuba en 1853 para traballar e acabaron vendidos como esclavos. Con este encontro literario celebramos o Día do Libro. Actividade subvencionada polo Plan Único da Deputación Provincial.
"SOMOS IGUAIS" DE RAQUEL QUEIZÁS O VENRES 18 ÁS 15.00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA PARA TODO O ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ
15/Marzo/2022

"SOMOS IGUAIS" DE RAQUEL QUEIZÁS O VENRES 18 ÁS 15.00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA PARA TODO O ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ

SOMOS IGUAIS Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apocadas e de PRÍNCIPES AZUIS insensibles. E un día gritou: XA ABONDA!!! Púxose o gorro e as lentes de piloto e foise a buscar contos para demostrar que as nenas e os nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles. Descubriremos historias de nenas e nenos (tamén de animais personificados) que rompen os estereotipos que abundan nos contos tradicionais. Atoparemos nenas decididas e nenos sensibles, identificaremos situacións ás que nos temos que enfrontar día a día, na escola, en casa, cos amigos… onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter réplica e solución grazas á palabra e gozaremos xogando coa imaxinación que nos une. Desde a nenez pódese previr todo tipo de violencias mediante novos modelos de feminidade e masculinidade, rompendo asi? cos roles e estereotipos tradicionalmente asignados a cada xénero . Desmontemos con contos estes estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos
APRENDE A USAR O MÓBIL: ABRIL-MAIO 2022
15/Marzo/2022

APRENDE A USAR O MÓBIL: ABRIL-MAIO 2022

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h. As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).
Páxina 75 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO