O Concello de Alfoz, como órgano consultado para este procedemento, aporta a seguinte documentación: Informe do arquitecto técnico municipal e escrito presentado no Rexistro do Concello de Alfoz por un integrante da Plataforma de veciñ@s afectad@s pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral o día 22/02/2022. PINCHA NA NOTICIA PARA ACCEDER A TODOS OS DOCUMENTOS
O mércores 16 de febreiro, ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, convócase aos veciños e veciñas de Alfoz interesados en informarse sobre o proxecto e recoller as súas opinións e inquedanzas sobre o tema e incorporalas ao informe que Concello de Alfoz entregará ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que teñan en conta na fase actual na que se está a realizar a Evaluación de Impacto Ambiental.
Respectivamente foron concedidas as seguintes axudas solicitadas para levar a cabo distintos proxectos deportivos, educativos, culturais, etc. no Concello de Alfoz: CD ALFOZ: 7000€ (Gastos Tempada 2021-22); AD RÍO OURO: 2500€ (Gastos Transporte 2021); CEIP CASTRO DE OURO: 1400€ (Circuito lúdico-deportivo para o patio do colexio); ANPA DO CEIP CASTRO DE OURO: 691,23€ (Libros de Ed. Infantil para todo o alumnado desa etapa no colexio); ASOCIACIÓN CULTURAL E XUVENIL O CASTELO: 4000€ (Festa dos Chóferes) e 1500€ (Actividades Culturais de Verán).
Publicadas na Sede Electrónica do Concello de Alfoz (ANUNCIOS) as concesións das subvencións municipales para actividades culturais, educativas e formativas e deportivas. Nas dúas primeiras modalidades concedéronse todas as axudas solicitadas co 100% do importe, no caso das actividades deportivas quedou deserta ao non haber solicitantes. PINCHA NA NOTICIA para acceder a toda a información.
Publicada na Sede Electrónica do Concello de Alfoz a Resolución provisional de Axudas para sufragar os gastos de transporte dos/as estudiantes do Concello de Alfoz de BAC e FP en Centros Públicos da Mariña para o curso 2021-22. Pincha na noticia para acceder á documentación completa.