Concello de Alfoz
REUNIÓN INFORMATIVA: ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS 21-22
01/Setembro/2021

REUNIÓN INFORMATIVA: ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS 21-22

O venres 10 de setembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas Actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, xinmasia de mantemento e baile que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio. Estas actividades están incluidas no Plan Único da Deputación Provincial, Área de Deportes.
AXENDAS COEDUCATIVAS CURSO 2021-22
01/Setembro/2021

AXENDAS COEDUCATIVAS CURSO 2021-22

Por terceiro ano, a Delegación de Igualdade de Alfoz, deseñou as axendas escolares dirixidas a estudantes do Concello de Alfoz. Os modelos de Educación Infantil e Primaria serán entregados directamente no CEIP Castro de Ouro para todos os nenos e nenas nel matriculados, ao igual que todo o alumnado do IES Alfoz-Valadouro. Os estudantes de BAC e FP empadronados en Alfoz que desexen a súa axenda poden pasar polo Concello a recollela coma nos cursos anteriores. Este ano, como novidade, hai un modelo máis de axenda coeducativa, pensada para os estudantes da Universidade, que ante a demanda do curso pasado por parte dos rapaces e rapazas que xa a tiveran en BAC e FP decidimos incluir un novo formato axeitado con horarios para os cuatrimestres e cunha duración de setembro a agosto. Poden recoller a súa axenda na Delegación de Igualdade do Concello. Este curso están dedicadas a internet, mantendo os contidos habituais (libros, películas, webs, novas...)e os códigos Qr para facilitar o acceso e incluíndo novidades centradas no bo uso da rede, nas posibilidades que ofrece pero tamén no coñecemento e prevención de malos usos. Deseñadas para as diferentes idades e etapas educativas e subvencionadas a través da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade, do Pacto de Estado Contra a Violencia e da Unión Europea.
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
30/Agosto/2021

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

A partir do 1 de setembro, ata o 17 do mesmo mes, poderán entregarse as inscricións para participar nas EDM nas modalidades de Patinaxe, Fútbol Campo e Fútbol Sala. Desde outubro a maio para patinaxe e fútbol categoría biberón e desde setembro o resto de categorías de fútbol. Horarios e resto de información nas fichas de inscrición (pincha na noticia). Subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo. As fichas tamén se entregarán nos centros educativos de Alfoz.
SERVIZO DE AXUDA PARA SOLICITUDE DE BECAS MEC CURSO 21-22 PARA ESTUDANTES DE BAC, FP E UNIVERSIDADE
26/Agosto/2021

SERVIZO DE AXUDA PARA SOLICITUDE DE BECAS MEC CURSO 21-22 PARA ESTUDANTES DE BAC, FP E UNIVERSIDADE

A partir do luns 30 abrimos o prazo para os interesados/as en solicitar as Becas para estudios de niveis postobrigatorios, do Ministerio de Educación. As becas para FP e BAC tramitaranse ata o día 28 de setembro e as de Universidade ata o 11 de outubro. Pincha na foto e verás toda a información resumida e a documentación necesaria. Máis información: 982 558 001 (ext.2)
ALUMNADO DE ALFOZ, FP E BAC, EN CENTROS EDUCATIVOS DA MARIÑA. AXUDAS E SOLICITUDE TARXETA PARA BUS
26/Agosto/2021

ALUMNADO DE ALFOZ, FP E BAC, EN CENTROS EDUCATIVOS DA MARIÑA. AXUDAS E SOLICITUDE TARXETA PARA BUS

A partir do luns 30 de agosto, estará en funcionamento o servizo de axuda no Concello para solicitar as tarxetas de bus Arriva para os estudantes que se despracen este curso a realizar os estudios de BAC e FP nos institutos da Mariña. O Concello tamén conta con becas-axudas para o transporte de estudantes as cales abrirán o prazo de solicitude como é habitual no mes de outubro. +Información: 982 558 001 (ext.2)
 PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR NO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ
26/Agosto/2021

PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR NO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ

Do 1 ao 7 de setembro pódense facer as inscricións no Concello (Oficina de rexistro) para: Madrugadores, OES (Ocio e Estudio) e Inglés, os cales forman parte da oferta municipal para favorecer a conciliación familiar. Todo o programa é gratuito para os usuarios/as, subvencionado pola Sª Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Ministerio de Igualdade e Unión Europea. Máis información e/ou dúbidas, tfno. 982 558 001 (ext. 2). Pincha na noticia para acceder á ficha de inscrición.
Páxina 77 / 158

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO