Concello de Alfoz
OFERTA DE EMPREGO 1 PEÓN PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
06/Agosto/2021

OFERTA DE EMPREGO 1 PEÓN PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Publicada a convocatoria e bases para a oferta de emprego. Pincha na noticia para acceder aos enlaces a toda a documentación (tamén dispoñible na Sede Electrónica de Alfoz).
O MAGO ANTÓN "A volta a Galicia en 313 concellos" en Alfoz o 29 de agosto
05/Agosto/2021

O MAGO ANTÓN "A volta a Galicia en 313 concellos" en Alfoz o 29 de agosto

O Mago Antón chega a Alfoz co seu espectáculo "A volta a Galicia en 313 concellos" o día 29 de agosto con sesións desde as 12:00h ata as 21:00h que se poderán disfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades. Estará situado diante do Pavillón Municipal e a Piscina Municipal. Programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22
REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
05/Agosto/2021

REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

Un ano máis organízase para informar ás familias e estudantes dos servizos, programas e axudas cos que o Concello de Alfoz conta para o alumnado dos distintos niveis educativos.
MELLORA E ADECUACIÓN DA CASA-ESCOLA DO PEREIRO COMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZA
04/Agosto/2021

MELLORA E ADECUACIÓN DA CASA-ESCOLA DO PEREIRO COMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZA

Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 con cargo á submedida 7.6 'Axuda para estudos/investimentos vinculados ao mantemento, a recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paixaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluidos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica"
MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA ETAP E DEPÓSITO DE ADELÁN-ALFOZ
03/Agosto/2021

MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA ETAP E DEPÓSITO DE ADELÁN-ALFOZ

Ao amparo da subvención do organismo Augas De Galicia da Xunta de Galicia en base á: “RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).
A PARTIR DO 1 DE AGOSTO O ALUGUER DOS AURICULARES DAS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DO CASTELO DE CASTRO DE OURO TERÁN UN COSTE DE 2€/PERSOA
28/Xullo/2021

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO O ALUGUER DOS AURICULARES DAS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DO CASTELO DE CASTRO DE OURO TERÁN UN COSTE DE 2€/PERSOA

Aproveita os últimos días de xullo para disfrutar gratis do aluguer de auriculares para as audioguías do Castelo. A partir do mes de agosto terán un coste de 2€/persoa, con bonificacións de ata o 100% para menores de 12 anos, grupos de centros educativos e outros. Máis información na Oficina de Turismo.
Páxina 78 / 158

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO