Concello de Alfoz
NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONCELLO DE ALFOZ E SOGAMA. Se estás interesado/a en facer o teu propio compost infórmate na Casa do Concello ou no tfno. 982 558 001 (ext. 2) para ter o teu propio composteiro e a formación necesaria.
22/Abril/2022

NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONCELLO DE ALFOZ E SOGAMA. Se estás interesado/a en facer o teu propio compost infórmate na Casa do Concello ou no tfno. 982 558 001 (ext. 2) para ter o teu propio composteiro e a formación necesaria.

Gran parte do lixo que xeramos na nosa casa é materia orgánica, que pode ser aproveitada, como emenda orgánica en hortas e xardíns. Realizar compostaxe doméstica ten moitos beneficios para todos: Reduce a cantidade de materia orgánica que vai ao contedor verde. Reduce o uso de fertilizantes inorgánicos, aos que substitúe. Aforra auga de rega debida á capacidade de retención da auga do compost. Achega os nutrientes necesarios para o desenvolvemento das plantas de forma natural. Reduce os custos de transporte dos residuos cos consecuentes beneficios para os cidadáns.
LUME ESCÉNICO, DA PONTENOVA, PRESENTA A SÚA COMEDIA TEATRAL "COUSAS DE BARES" O 7 DE MAIO.
22/Abril/2022

LUME ESCÉNICO, DA PONTENOVA, PRESENTA A SÚA COMEDIA TEATRAL "COUSAS DE BARES" O 7 DE MAIO.

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares” . Poderase desfrutar deste obra o SÁBADO 7 DE MAIO ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!. Subvencionado a través do Plan Único da Deputación de Lugo: Área de Cultura_Xornadas de Teatro.
CURSO DE RECICLADO DE ROUPA: SÁBADOS DO MES DE MAIO
18/Abril/2022

CURSO DE RECICLADO DE ROUPA: SÁBADOS DO MES DE MAIO

O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente. Acabamos tendo un montón de roupa que deixamos de usar por distintos motivos, podes depositala no contedor de textil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén podes darlle "unha segunda oportunidade". APRENDE A REFORMARLA E TRANSFORMALA POR COMPLETO. OS SÁBADOS (7, 14. 21 E 28) DE MAIO, DE 17:00H A 20:00H NA CASA DA CULTURA TEMOS UN CURSO GRATUITO PARA APRENDER A RECICLALA. PRAZAS LIMINTADAS. INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: 982 558 001 (EXT 2)
"AS TRES SOLTEIRONAS", COMEDIA TEATRAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE DAS NOGAIS O 23 DE ABRIL
11/Abril/2022

"AS TRES SOLTEIRONAS", COMEDIA TEATRAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE DAS NOGAIS O 23 DE ABRIL

Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz, do sábado 23 de abril, a Asociación Cultural Abrente presenta a súa comedia "As tres solteironas". Esta comedia ambientada nos anos 50 caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...Financiado no Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura-Xornadas de teatro 2022
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022. BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ E BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO
11/Abril/2022

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022. BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ E BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo. Bases e inscrición: pincha na noticia para acceder ao enlace.
O PROGRAMA DA XUNTA DE GALICIA “COIDADOS PORTA A PORTA” ESTARÁ EN ALFOZ OS DÍAS 18, 19 E 20 DE ABRIL.
01/Abril/2022

O PROGRAMA DA XUNTA DE GALICIA “COIDADOS PORTA A PORTA” ESTARÁ EN ALFOZ OS DÍAS 18, 19 E 20 DE ABRIL.

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, prestará a través deste programa, de xeito gratuíto, unha serie de coidados destinados ás persoas maiores nunha unidade móbil que estará instalada fronte á Piscina Municipal de Alfoz os días 18, 19 e 20 de abril en horario de mañá e tarde. CITA PREVIA NO TFNO: 622748283 ou en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Os servizos que se prestarán son: Servizo de audioloxía: revisión e valoración auditiva. Servizo de podoloxía: prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés. Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
Páxina 79 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO