Concello de Alfoz
ALFOZ ACADA A "BANDEIRA VERDE DE GALICIA"
20/Outubro/2021

ALFOZ ACADA A "BANDEIRA VERDE DE GALICIA"

Hoxe, mércores 20 de outubro, o alcalde Jorge Val recolleu en Outeiro de Rei de mans do Presidente da Xunta de Galicia este galardón que só teñen 9 concellos de toda Galicia. As Bandeiras Verdes de Galicia teñen como obxectivo recoñecer a estes 9 concellos o seu esforzo e a súa implicación na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural. a Consellería de Medio Ambiente explica que este recoñecemento estaba aberto a todos os municipios de Galicia que desenvolvesen actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos, así como accións de sensibilización e comunicación para concienciar aos veciños da importancia de actuar e avanzar nestes ámbitos.
COMEDIA MUSICAL PINCONUS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA
20/Outubro/2021

COMEDIA MUSICAL PINCONUS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA

O sábado 23 de outubro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, poderase disfrutar do espectáculo " Pinconus", unha comedia musical dirixida a toda a familia. Forma parte do Ciclo Seráns Teatrais da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre e de balde, non é precisa inscrición previa. Aforo limitado e aplicación dos protocolos de prevención do Covid-19.
VENRES 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA: REUNIÓN COA VECIÑANZA DAS OIRAS
19/Outubro/2021

VENRES 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA: REUNIÓN COA VECIÑANZA DAS OIRAS

Reunión cos veciños e veciñas das Oiras para recoller as súas demandas para os Orzamentos Municipais do vindeiro ano, así como para informalos das diversas obras, servizos e programas que ten en marcha o Concello e tratar calquera tema, dúbida ou suxerencia para a mellora do noso pobo.
REUNIÓN INFORMATIVA: OBRADOIRO DE RECICLADO DE ROUPA
19/Outubro/2021

REUNIÓN INFORMATIVA: OBRADOIRO DE RECICLADO DE ROUPA

O luns 25 de outubro, ás 17:00 h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a reunión informativa sobre este obradoiro. Serán 2 horas por semana (8 h/mes) e o custo é de 30€ (3,75€/hora).ACHÉGATE á reciclaxe ,desenvolve a túa creatividade e as túas habilidades. APRENDE a transformar as túas pezas para darlles unha segunda vida. ANÍMATE a non tirar máis a túa roupa e verte con ela doutra maneira e FEITO POR TI MESMA!
DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA
19/Outubro/2021

DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

Hoxe, 19 de outubro, é o Día Mundial do Cancro de Mama e aínda que o cancro é igual para todas as persoas, non todas son iguais fronte ao cancro. # SACAPEITO polas máis vulnerables e colabora para que podamos prestar toda a axuda que necesitan. Doa aquí: https://doa. contraelcancer.es
OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS: DÍA DA BIBLIOTECA
15/Outubro/2021

OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS: DÍA DA BIBLIOTECA

O sábado 23 de outubro, de 17:00h a 20:15h na Biblioteca Municipal organízanse diferentes actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos para celebrar o Día da Biblioteca. É necesaria INSCRICIÓN PREVIA na Oficina de Rexistro do Concello do luns 18 ao venres 22 de outubro ata completar o número máximo de participantes. Actividade de balde, subvencionada polo Plan Único da Deputación. PINCHA na noticia se queres descargar o modelo de inscrición. Máis información: 982 558 001 (ext.2))
Páxina 83 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO