Concello de Alfoz
ALFOZ CELEBRA O DÍA DAS ESCRITORAS
14/Outubro/2021

ALFOZ CELEBRA O DÍA DAS ESCRITORAS

Alfoz celebra o Día das Escritoras (18 de outubro) o venres 15 ás 15:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, con todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz a través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. "Procúrase Pepa a Loba" da compañía A Cova das Letras coa actriz Cristina Collazo. Con estética do oeste americano rural, ten participación do compositor Manuel Payno e de Luchi Iglesias en escenografía. A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega ata un refuxio onde poder acubillarse: é a taberna da que tanto lle falara súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela. Somérxete de cheo nesta aventura carregada de música, títeres e intrigantes historias. Ademais na Biblioteca Municipal poderás disfrutar dunha selección de obras de autoras do s. XX durante todo o mes de outubro.
SOLICITA O TEU COMPOSTADOR NO CONCELLO DE ALFOZ
14/Outubro/2021

SOLICITA O TEU COMPOSTADOR NO CONCELLO DE ALFOZ

Na Casa do Concello ou no teléfono 982 558 001, podes solicitar un compostador de balde para a túa horta ou xardín a través do programa de Autocompostaxe de Sogama ao que o Concello de Alfoz está adscrito. Ademais levarase a cabo unha sesión formativa para todos os participantes e interesados en elaborar o seu propio abono a partir da reutilización de refugallos orgánicos.
VISITAS GUIADAS DE HISTORIA E ARTE. FINCA GALEA: MUÍÑOS O 23 DE OUTUBRO.
11/Outubro/2021

VISITAS GUIADAS DE HISTORIA E ARTE. FINCA GALEA: MUÍÑOS O 23 DE OUTUBRO.

O sábado 23 de outubro, ás 18:00h terá lugar a primeira destas visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluidas no Plan Único da Deputación Provincial. Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído. se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no s. XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC. É necesaria INSCRICIÓN PREVIA no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.
INICIO DAS REUNIÓNS COA VECIÑANZA: O PEREIRO VENRES 15 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA DO CHAO
11/Outubro/2021

INICIO DAS REUNIÓNS COA VECIÑANZA: O PEREIRO VENRES 15 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA DO CHAO

O Concello de Alfoz inicia o vindeiro venres, 15 de outubro, a rolda de reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal, así como para informar sobre diferentes obras, servizos e programas que se están a desenvolver no municipio. Trátase de convocatorias abertas a toda a cidadanía que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro en cada unha das parroquias de Alfoz coa intención de establecer un diálogo sobre todos aqueles temas de interese e onde recoller as demandas, dúbidas e/ou suxerencias dos veciños e veciñas para mellorar entre todos o noso pobo. Irase comunicando cada semana o lugar da xuntanza en cada parroquia, rematando no Salón de Actos do Centro Sociocultural onde se reunirán S. Pedro de Mor, Reirado, O Castro e as distintas asociacións e clubes non incluidas nas anteriores convocatorias.
CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE O 19 DE OUTUBRO EN ALFOZ
08/Outubro/2021

CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE O 19 DE OUTUBRO EN ALFOZ

O martes, 19 de outubro, de 16:00h a 21:00h, a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará na Seara. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.
OFERTA DE EMPREGO: ANIMADOR/A TURÍSTICO
04/Outubro/2021

OFERTA DE EMPREGO: ANIMADOR/A TURÍSTICO

Pincha na noticia para acceder a toda a documentación. Oferta de emprego publicada no BOP de Lugo de data 4 de outubro, Animador Turístico_Programa: Fomento de Emprego 21-PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Páxina 84 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO