Concello de Alfoz
"COUSAS DE MULLERES" DE AXÓUXERES TEATRO DE VILLARONTE
28/Outubro/2021

"COUSAS DE MULLERES" DE AXÓUXERES TEATRO DE VILLARONTE

O sábado 13 de novembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz teremos a oportunidade de desfrutar do teatro aficionado que nos ofrecerá Axóuxeres. A obra está recomendada para maiores de 14 anos. Entrada de balde.
OBRADOIRO DE PROCURA E SELECCIÓN DE INFORMACIÓN EN INTERNET PARA FACER TRABALLOS. ALUMNADO DE ESO, BAC E FP.
28/Outubro/2021

OBRADOIRO DE PROCURA E SELECCIÓN DE INFORMACIÓN EN INTERNET PARA FACER TRABALLOS. ALUMNADO DE ESO, BAC E FP.

O martes 23 de novembro ás 17:00h na Biblioteca Municipal. De balde. Con prazas limitadas. Para anotarse hai que chamar ao 982 558 001 (ext 3) A PARTIR DO 8 DE NOVEMBRO e se tés algunha dúbida, no mesmo teléfono pero extensión 2. Recoméndase traer ordenador/tablet se se pode pero de non telos, contamos con 3 tablets e 2 ordenadores na bilbioteca para poder usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno/a.
"DESCOSIDOS" CURSO DE RECICLAXE DE ROUPA.
26/Outubro/2021

"DESCOSIDOS" CURSO DE RECICLAXE DE ROUPA.

No mes de novembro comezará na Aula Omix (enfronte da Biblioteca) o 1º Grupo, os luns de 16:00h a 18:00h do curso de reciclaxe de roupa. O número máximo de alumnos/as son 6/grupo. No do luns queda 1 praza agora mesmo. Pódese crear un 2º Grupo de haber interesados/as para realizalo os mércores, de 16:00h a 18:00h. Son 2 horas á semana cun coste de 30€ mensuais/alumnado. Máis información: 982 558 001 (ext.2)
OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA: CASTELO DE CASTRO DE OURO. HORARIO DE INVERNO
26/Outubro/2021

OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA: CASTELO DE CASTRO DE OURO. HORARIO DE INVERNO

A partir do día 30 de outubro, a Oficina de Información Turística de Alfoz reabre as súas portas ao público no habitual horario de inverno: sábados, domingos e festivos de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h. Poderase visitar o Castelo de Castro de Ouro no que se atopan distintas exposicións: Antigas Escolas (planta baixa), Pintura de Hipólito Xeada (1º planta) e Fotografías de Alfoz (2º planta) ademais de disfrutar das magníficas vistas desde o alto da torre.
REUNIÓN COS VECIÑOS E VECIÑAS DE LAGOA. VENRES 29 DE OUTUBRO.
25/Outubro/2021

REUNIÓN COS VECIÑOS E VECIÑAS DE LAGOA. VENRES 29 DE OUTUBRO.

O venres, 29 de outubro, ás 20:30h na Escola da Pinguela terá lugar a reunión coa veciñanza de Lagoa, para recoller as súas opinións e telas en conta para os novos orzamentos do vindeiro ano, así como todas aquelas cuestións que queiran tratar.
Páxina 87 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO