Concello de Alfoz
PRESENTACIÓN DO LIBRO "OS IRMÁNS DE AMÉRICA. AS PEGADAS DA EMIGRACIÓN DO VALADOURO NA HABANA"
24/Outubro/2021

PRESENTACIÓN DO LIBRO "OS IRMÁNS DE AMÉRICA. AS PEGADAS DA EMIGRACIÓN DO VALADOURO NA HABANA"

O sábado, 30 de outubro, ás 19:00h no Castelo de Castro de Ouro terá lugar a presentación da obra de Prudencio Vivero Mogo, quen asistirá ao acto para dar a coñecer esta interesante traballo. .
VISITA GUIADA AOS CRUCEIROS DE ALFOZ. SÁBADO 30 DE OUTUBRO.
24/Outubro/2021

VISITA GUIADA AOS CRUCEIROS DE ALFOZ. SÁBADO 30 DE OUTUBRO.

O sábado, 30 de outubro ás 17:00h sairemos en autobús de diante da Casa do Concello para ver algúns dos moitos cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz. O encargado de guiarnos nesta ocasión será Mario Saavedra, autor do libro "Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz". Para participar hai que chamar ao 982 558 001 (ext. 3) desde do luns 25 ata o venres 29 (ou ata esgotar as prazas que son limitadas). A actividade é de balde e está inlcuida no Plan Único da Deputación Provincial, na Área de Turismo.
ALFOZ ACADA A "BANDEIRA VERDE DE GALICIA"
20/Outubro/2021

ALFOZ ACADA A "BANDEIRA VERDE DE GALICIA"

Hoxe, mércores 20 de outubro, o alcalde Jorge Val recolleu en Outeiro de Rei de mans do Presidente da Xunta de Galicia este galardón que só teñen 9 concellos de toda Galicia. As Bandeiras Verdes de Galicia teñen como obxectivo recoñecer a estes 9 concellos o seu esforzo e a súa implicación na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural. a Consellería de Medio Ambiente explica que este recoñecemento estaba aberto a todos os municipios de Galicia que desenvolvesen actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos, así como accións de sensibilización e comunicación para concienciar aos veciños da importancia de actuar e avanzar nestes ámbitos.
COMEDIA MUSICAL PINCONUS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA
20/Outubro/2021

COMEDIA MUSICAL PINCONUS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA

O sábado 23 de outubro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, poderase disfrutar do espectáculo " Pinconus", unha comedia musical dirixida a toda a familia. Forma parte do Ciclo Seráns Teatrais da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre e de balde, non é precisa inscrición previa. Aforo limitado e aplicación dos protocolos de prevención do Covid-19.
VENRES 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA: REUNIÓN COA VECIÑANZA DAS OIRAS
19/Outubro/2021

VENRES 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30H NA ESCOLA: REUNIÓN COA VECIÑANZA DAS OIRAS

Reunión cos veciños e veciñas das Oiras para recoller as súas demandas para os Orzamentos Municipais do vindeiro ano, así como para informalos das diversas obras, servizos e programas que ten en marcha o Concello e tratar calquera tema, dúbida ou suxerencia para a mellora do noso pobo.
REUNIÓN INFORMATIVA: OBRADOIRO DE RECICLADO DE ROUPA
19/Outubro/2021

REUNIÓN INFORMATIVA: OBRADOIRO DE RECICLADO DE ROUPA

O luns 25 de outubro, ás 17:00 h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a reunión informativa sobre este obradoiro. Serán 2 horas por semana (8 h/mes) e o custo é de 30€ (3,75€/hora).ACHÉGATE á reciclaxe ,desenvolve a túa creatividade e as túas habilidades. APRENDE a transformar as túas pezas para darlles unha segunda vida. ANÍMATE a non tirar máis a túa roupa e verte con ela doutra maneira e FEITO POR TI MESMA!
Páxina 88 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO