Concello de Alfoz
A PARTIR DO 1 DE AGOSTO O ALUGUER DOS AURICULARES DAS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DO CASTELO DE CASTRO DE OURO TERÁN UN COSTE DE 2€/PERSOA
28/Xullo/2021

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO O ALUGUER DOS AURICULARES DAS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DO CASTELO DE CASTRO DE OURO TERÁN UN COSTE DE 2€/PERSOA

Aproveita os últimos días de xullo para disfrutar gratis do aluguer de auriculares para as audioguías do Castelo. A partir do mes de agosto terán un coste de 2€/persoa, con bonificacións de ata o 100% para menores de 12 anos, grupos de centros educativos e outros. Máis información na Oficina de Turismo.
XA PODES DISFRUTAR DA LECTURA NA PISCINA MUNICIPAL: Estreamos Bibliopiscina
26/Xullo/2021

XA PODES DISFRUTAR DA LECTURA NA PISCINA MUNICIPAL: Estreamos Bibliopiscina

Durante o tempo que esteñas na piscina, podes coller os libros dispoñibles na Bibliopiscina, antes de irte, volve a deixalos no seu andel ...se non remataches, ao día seguinte podes retomalo (lembra usar o xel hidroalcohólico antes de coller os libros e despois de devolvelos). IMPORTANTE: OS LIBROS NON PODEN SAIR DA PISCINA, SÓ SE USARÁN NO TEMPO QUE SE PERMANEZA NELA. GRAZAS
"CONEXIÓN PINGÜÍN" CON LUIS IGLESIA E MARCOS ORSI. 14 DE AGOSTO.RESERVA PREVIA.
26/Xullo/2021

"CONEXIÓN PINGÜÍN" CON LUIS IGLESIA E MARCOS ORSI. 14 DE AGOSTO.RESERVA PREVIA.

Unha comedia para disfrutar o sábado 14 ás 20,30h no Salón de Actos da Casa da Cultura. RESERVA PREVIA NO 982 558 001 ou na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) desde el 5 al 12 de agosto ou ata agotar as entradas. Aforo Limitado. Programa Cultura no Camiño Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22
ADAMO COLOCARÁ UN PUNTO DE INFORMACIÓN O SÁBADO 24 DE 12 A 20H DIANTE DA PISCINA MUNICIPAL
22/Xullo/2021

ADAMO COLOCARÁ UN PUNTO DE INFORMACIÓN O SÁBADO 24 DE 12 A 20H DIANTE DA PISCINA MUNICIPAL

Coa finalidade de informar aos posibles usuarios interesados, Adamo vai estar este sábado diante da Piscina Municipal, desde as 12:00h ata as 20:00h.
CORO PARROQUIAL DE RIOTORTO NA IGREXA DE S. PEDRO DE MOR: 31 DE XULLO
21/Xullo/2021

CORO PARROQUIAL DE RIOTORTO NA IGREXA DE S. PEDRO DE MOR: 31 DE XULLO

A actuación terá lugar ás 20:00h na Igrexa de S. Pedro de Mor, entrada gratuita e aforo limitado (non é necesaria reserva previa) e está dentro do Programa Musiqueando da Área de Cultura da Deputación Provincial.
PEDRO RUBAL PARDEIRO, FILLO PREDILECTO DE ALFOZ CUMPRE 90 ANOS.
12/Xullo/2021

PEDRO RUBAL PARDEIRO, FILLO PREDILECTO DE ALFOZ CUMPRE 90 ANOS.

Hoxe, 14 de xullo, mércores, cumpre 90 anos o profesor e escritor PEDRO RUBAL PARDEIRO, Fillo predilecto do Concello de Alfoz, onde naceu o 14 de xullo de 1931. A Alcaldía e Concello de Alfoz queren facer pública a súa satisfacción por esta efeméride, e congratularse de que siga entre nós entregado ao estudio e divulgación do seu saber, tanto en libros como a través dos seus artigos en GaliciaDigital. Será no mes de setembro próximo cando no Concello esperamos se poida presentar o seu libro FUXINDO DA SAUDADE, que recolle os artigos publicados nos últimos anos, así como tamén a web homenaxe coa que o Concello de Alfoz quere poñer de manifesto a personalidade e a obra deste senlleiro habitante desta terra. Coa nosa admiración e agarimo, Felicidades Don Pedro, por acadar este cumio vital.
Páxina 90 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO