Concello de Alfoz
CONCERTO DE FIN DE ANO DA BANDA DE MÚSICA MESTRE LÓPEZ
23/Decembro/2024

CONCERTO DE FIN DE ANO DA BANDA DE MÚSICA MESTRE LÓPEZ

O próximo sábado 28 de decembro ás 19.30 h temos un concerto para despedir o ano na Casa da Cultura de Alfoz! Os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López de O Valadouro farannos un concerto moi emotivo! Non o perdades!
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O TRANSPORTE, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E FORMATIVAS
11/Decembro/2024

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O TRANSPORTE, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E FORMATIVAS

Aberto o prazo de solicitudes de subvencións do Concello de Alfoz para transporte e a promoción de actividades deportivas, educativas e formativas correspondentes ao ano 2024. Data límite de presentación de solicitudes para as subvencións deportivas, educativas e formativas o 26 de decembro de 2024 e para as de transporte o 3 de xaneiro de 2025. Acceso á convocatoria pinchando na noticia.
PROGRAMACIÓN CULTURAL MES DE DECEMBRO
02/Decembro/2024

PROGRAMACIÓN CULTURAL MES DE DECEMBRO

Chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas desde a área de cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inagurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00h ata as 20:00h estará PAPÁ NOEL para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles, tamén poderán traerlle as súas cartas. A continuación teremos un concerto de nadal da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo, leste será ás 19:30h no Salón de Actos. O día 28 de decembro os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, farán un bonito e emotivo concerto de fin de ano. Para finalizar nas tardes do 29 e 30 de decembro, finalizaremos o ano de maneira moi divertida, inchables, pintacaras, xogos de nadal...e moita sorpresas divertidas máis desde as 17:30h ata as 20:30h no pavillón municipal de Alfoz. Non vos perdades a programación deste mes, esperemos que sexa do voso agrado, todo coa entrada totalmente gratuíta!
ALFOZ CONMEMORA O 25N CO PROGRAMA “LIBRES E IGUAIS:CADA DÍA MÁIS FORTES”
22/Novembro/2024

ALFOZ CONMEMORA O 25N CO PROGRAMA “LIBRES E IGUAIS:CADA DÍA MÁIS FORTES”

O Concello de Alfoz conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "Libres e iguais: cada día máis fortes", reafirmando o seu compromiso coa igualdade e a seguridade das mulleres. É unha prioridade ofrecer un Alfoz seguro e igualitario onde todas as persoas se sintan protexidas e valoradas.
EMPREGO: OPERARIO/A SERVIZOS MULTIPLES OFICIAL DE PRIMEIRA
21/Novembro/2024

EMPREGO: OPERARIO/A SERVIZOS MULTIPLES OFICIAL DE PRIMEIRA

Obxecto: Convocatoria para o proceso de selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal para interinidade por substitución da persoa titular do posto. Data límite de presentación de instancias o 5 de decembro. Máis información pinchando na noticia para ver as bases de participación.
EMPREGO: OPERARIO/A SERVIZOS MULTIPLES CONDUTOR/A
20/Novembro/2024

EMPREGO: OPERARIO/A SERVIZOS MULTIPLES CONDUTOR/A

Obxecto: Convocatoria para o proceso de selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal para a substitución transitoria da persoa titular do posto. Data límite de presentación de instancias o 4 de decembro. Máis información pinchando na noticia para ver as bases de participación.
Páxina 10 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO