Concello de Alfoz
EXPOSICIÓN DE TRAXES MEDIEVAIS. CASTELO DE CASTRO DE OURO.
11/Xullo/2021

EXPOSICIÓN DE TRAXES MEDIEVAIS. CASTELO DE CASTRO DE OURO.

Do 13 ao 25 de xullo, poderá visitarse esta exposición que estará na primeira planta do Castelo de Castro de Ouro. O horario de apertura é de martes a domingo, de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h. Esta exposición está subvencionada a través do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, Área de Turismo.
CONCERTO DO GRUPO TUNDAL NO CASTELO DE CASTRO DE OURO. 17 DE XULLO ÁS 22:00H
08/Xullo/2021

CONCERTO DO GRUPO TUNDAL NO CASTELO DE CASTRO DE OURO. 17 DE XULLO ÁS 22:00H

A combinación perfecta, o Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal para desfrutar o sábado 17 de xullo, ás 22:00h. Non é necesaria reserva previa.
OFERTA DE EMPREGO: 4 PEÓNS E 1 XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
08/Xullo/2021

OFERTA DE EMPREGO: 4 PEÓNS E 1 XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Se estás interesado/a, pincha na noticia para ver a documentación necesaria (ábrese unha nova pantalla)
PASEOS A CABALO, XOGOS TRADICIONAIS E OBRADOIRO CREATIVO PARA NENAS E NENOS NO CASTELO DE CASTRO DE OURO
08/Xullo/2021

PASEOS A CABALO, XOGOS TRADICIONAIS E OBRADOIRO CREATIVO PARA NENAS E NENOS NO CASTELO DE CASTRO DE OURO

O domingo, 18 de xullo, de 17:00 a 20:00h, todos os nenos e nenas que queiran poden disfrutar dunha tarde de lecer no Castelo de Castro de Ouro. Actividade gratuíta. Protocolo COVID. Sin inscrición previa. Máis información: 982 558 001 (ext. 2). Subvencionado polo Plan Único da Deputación de Lugo. Turismo.
XORNADA DE HISTORIA LOCAL. Castelo de Castro de Ouro, 17 de xullo
08/Xullo/2021

XORNADA DE HISTORIA LOCAL. Castelo de Castro de Ouro, 17 de xullo

O vindeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo, día no que se celebraría o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual pero sí con diversas actividades: Exposición de Traxes Medievais: do 13 ao 25 de xullo Xornada de Historia Local (aforo limitado, máximo 20 persoas). Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide.Pódese ver o programa completo e toda a información no díptico, en galería de imaxes Concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo.
A PISCINA MUNICIPAL ABRIRÁ DO 13 DE XULLO AO 13 DE SETEMBRO
06/Xullo/2021

A PISCINA MUNICIPAL ABRIRÁ DO 13 DE XULLO AO 13 DE SETEMBRO

Tras as obras de mellora e mantemento da piscina, o vindeiro martes, 13 de xullo, todos os días da semana de 12:00h a 20:00h poderase disfrutar das instalacións durante 2 meses.
Páxina 91 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO