Concello de Alfoz
ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.
02/Xullo/2021

ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.

O castelo de Castrodouro será o escenario que acollerá a artistas como Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago. Polo mesmo espazo tamén pasarán os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño. O Castelo de Alfoz ofrecerá funcións gratuítas para as que se precisa reserva previa a través da páxina web do Festival.
PREMIOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ EN PRIMAVERA"
02/Xullo/2021

PREMIOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ EN PRIMAVERA"

Os premiados nesta nova edición do II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" son: 1º premio, dotado de 300,00€ e diploma: Alberto Díaz Rivas (A Coruña) con "O Escouridal desde o aire" 2º premio, dotado de 200,00€ e diploma: Verónica Rey Nieto (Villalba) con "A ras do chan" 3º premio, dotado de 150,00€ e diploma: Higinio García García con " La flor más bella". O Concello de Alfoz quere agradecer a gran participación neste certame, cuxas fotografías serán publicadas próximamente nas RRSS e web municipal e ademais formarán parte da Exposición de Fotografía "Alfoz en primavera" prevista para inicios de novembro no Castelo de Castro de Ouro. Este concurso forma parte da promoción turística do Concello de Alfoz e está subvencionado polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ. HORARIO DE VERÁN: de 9:00h a 14:00h
01/Xullo/2021

BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ. HORARIO DE VERÁN: de 9:00h a 14:00h

Desde o 1 de xullo, o horario da nosa bilbioteca cambia, estamos polas mañás de luns a venres de 9:00h a 14:00h para poder disfrutar da lectura.
A Deputación lanza Coñece a túa provincia, un novo programa de viaxes gratuítas para os veciños e veciñas
30/Xuño/2021

A Deputación lanza Coñece a túa provincia, un novo programa de viaxes gratuítas para os veciños e veciñas

A Deputación destina máis de 300.000€ a este programa, dirixido a entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia, con preto de 4.300 prazas e que se desenvolverá de setembro a novembro deste ano e na primavera e no outono do 2022 As asociacións poderán elixir entre 37 itinerarios polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico lucense. CONVOCATORIA E BASES BOP LUGO 30 de Xuño (https://drive.google.com/file/d/1Z08lOkhEpmYMgfTGaYdxtoWTVVrn_6L7/view?usp=sharing)
ACTIVIDADES FLUVIAIS EN ALFOZ. DOMINGO 4 DE XULLO: kaiaks, tobogáns, paddle surf, rocódromos acuáticos...
25/Xuño/2021

ACTIVIDADES FLUVIAIS EN ALFOZ. DOMINGO 4 DE XULLO: kaiaks, tobogáns, paddle surf, rocódromos acuáticos...

Organizadas pola Deputación Provincial de Lugo, levaranse a cabo de 16:00h a 19:00h no Parque de Carballido (La Naranja). Gratuítas con reserva previa no teléfono 636504155
"ONDA MIN" DE RAQUEL QUEIZÁS: Domingo 4 de xullo ás 20.30h Castelo de Castro de Ouro
23/Xuño/2021

"ONDA MIN" DE RAQUEL QUEIZÁS: Domingo 4 de xullo ás 20.30h Castelo de Castro de Ouro

Dentro da IX edición de Atlántica festival internacional de narración oral no que o Concello de Alfoz participa e dirixido a público infantil e familiar. Máis información e RESERVAS en festivalatlantica.gal
Páxina 92 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO