Concello de Alfoz
PUBLICADO PROCEDEMENTO PARA PROBAS DE CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA: CELGA 1,2,3 E 4 PARA 2021
17/Marzo/2021

PUBLICADO PROCEDEMENTO PARA PROBAS DE CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA: CELGA 1,2,3 E 4 PARA 2021

No DOG Nº 52 do mércores 17 de marzo sae a resolución para a convocatoria deste ano para os certificados de Lingua Galega, toda a información sobre o procedemento de inscrición, exames, etc que se celebrarán en maio e/ou xuño en Santiago de Compostela. Axuntamos enlace ao documento completo (https://drive.google.com/file/d/12XW_G7FrCE7EIcO73QJkHkQzRFlvJfje/view?usp=sharing) e a páxina web do Portal da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0022/probas-celga-1-2-3-4)
CONTACONTOS CAXOTO. VENRES 19 ÁS 16:30H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ
16/Marzo/2021

CONTACONTOS CAXOTO. VENRES 19 ÁS 16:30H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ

Dirixido a nenas e nenos ata 6 anos e organizado por Educando en Familia en colaboración co Concello de Alfoz. Aforo limitado.
RECUPERADA A LIÑA TELÉFONICA DO CONCELLO DE ALFOZ, CHÁMANOS AO 982 558 001.
12/Marzo/2021

RECUPERADA A LIÑA TELÉFONICA DO CONCELLO DE ALFOZ, CHÁMANOS AO 982 558 001.

Xa está dispoñible o teléfono da Casa do Concello de Alfoz, 982 558 001. Desculpen as molestias que se puideron orixinar durante estes días, xa se solucionaron os problemas técnicos.
O CONCELLO DE ALFOZ ESTÁ SEN LIÑA DE TELÉFONO FIXO Á ESPERA DE QUE AMAÑE MOVISTAR A INCIDENCIA DESDE QUE ELES MESMOS NOS INSTALARON A FIBRA O VENRES.
10/Marzo/2021

O CONCELLO DE ALFOZ ESTÁ SEN LIÑA DE TELÉFONO FIXO Á ESPERA DE QUE AMAÑE MOVISTAR A INCIDENCIA DESDE QUE ELES MESMOS NOS INSTALARON A FIBRA O VENRES.

Sentimos as molestias causadas aos veciños e veciñas que cando chaman escoitan unha mensaxe na que di que "Todos os operadores están ocupados" cando o que ocorre é que non temos liña en ningún teléfono fixo do concello. Estamos á espera de que MOVISTAR solucione o problema que eles xeraron cando o pasado venres nos instalaron a fibra, .... Para comunicarse co Concello poden chamar ao teléfono 619913321. Grazas.
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES CON CONTIDOS NO "RECUNCHO VIOLETA" DO BLOGUE DA BIBLIOTECA
05/Marzo/2021

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES CON CONTIDOS NO "RECUNCHO VIOLETA" DO BLOGUE DA BIBLIOTECA

O 8 de marzo é o Día Internacional das Mulleres, unha xornada para a reflexión acerca dos avances logrados no camiño cara a unha igualdade efectiva e real entre homes e mulleres pero tamén para seguir reivindicando, con determinación, a necesidade de máis cambios na sociedade que avancen cara a esa igualdade xa que, aínda que o mundo logrou avances sen precedentes, aínda ningún país alcanzou a plena igualdade de xénero. Entra no Recuncho Violeta do noso blogue:https://bibliotecadealfoz.blogspot.com/ para saber máis sobre a orixe deste día, coñecer enlaces a webs interesantes e moito máis.
LUNS 1 DE MARZO: REAPERTURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADULTOS NOS HORARIOS HABITUAIS
26/Febreiro/2021

LUNS 1 DE MARZO: REAPERTURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADULTOS NOS HORARIOS HABITUAIS

Cumprindo coa normativa vixente e todas as medidas de seguridade e hixiene dos protocolos anti Covid-19, nos lugares e horarios habituais, comezarán de novo as diferentes disciplinas das EDM e Actividades Deportivas de Adultos: patinaxe, fútbol campo e fútbol sala, ioga, ximnasia de mantemento, baile e aerobic.
Páxina 100 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO