Concello de Alfoz
Carballido

Carballido

Localización:
Limita ao norte coas parroquias de Bacoi e San Acisclo (Foz); ao sur, coa de Adelán; ao leste coa de Santa Cilla (Foz) e Oirán (Mondoñedo); e ao oeste coa do Castro de Ouro.

Lugares:
Nesta parroquia encontramos 18 lugares: A Agüeira, Allegue, Barbeito, O Carballal, A Cruz, O Espido, Facelude, A Granda, A Nespereira, A Palloza, Os Penoucos, Piñeirós, As Pontellas, Porto do Río, A Presa, O Pumar, A Rega e Solbeira.

Feligresía:
A Parroquia de San Sebastián de Carballido pertenece ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol. 

Festas:
Celébranse as festas de San Sebastián, o 20 de xaneiro, as de San Antonio, o 13 de xuño (Feira do 13) e  San Roque, o 16 de agosto. 

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de Carballido recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO