Localización:
Está situada no centro do concello de Alfoz. Limita ao norte coa parroquia de Bacoi; ao sur coa de Adelán e As Oiras; ao leste, coas de Carballido e Adelán; e ao oeste, coa de Mor.
Lugares:
A poboación da parroquia do Castro de Ouro vive nos lugares de Anxeriz, O Castro, Coido, A Costoira, A Fonte, A Granda e Pumariño.
Feligresía:
A parroquia de San Salvador de Castro de Ouro é unha feligresía anexa da parroquia de San Pedro de Mor, arciprestado do Valadouro e diócese de Mondoñedo-Ferrol.
Festas:
Celébranse as festas parroquiais de San Salvador o 6 de agosto. No entorno do Castelo do Castro de Ouro celébrase o Mercado Medieval de Alfoz, a mediados do mes de xullo.
Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de O Castro de Ouro recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.