Concello de Alfoz
Mor

Mor

Localización:
Limita ao norte coas parroquias de Bacoi e Reirado; ao sur, coas de Adelán, Lagoa e As Oiras; ao leste coas de Adelán, Bacoi e O Castro de Ouro; e ao oeste, coa de Lagoa.

Lugares:
Trátase da parroquia máis poboada do concello agrupando as entidades de O Barral, O Candaedo, Correlos, Couto de Baixo, Couto de Riba, O Fargallo, Fontelo, A Igrexa, O Liñar, A Rega, Santa Mariña, A Seara, Vilagabe, Vilaúde e O Xordelo.  

Feligresía:
A parroquia de San Pedro de Mor pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol. Da súa xurisdición parroquial depende o anexo de San Salvador de Castro de Ouro.

Festas:
Celébranse as festas de San Pedro, o 29 de xuño, e as festas do Carme, o 16 de xullo. Ademais, celébrase na primeira semana de agosto a festa do San Cristovo, patrón do concello de Alfoz, popularmente coñecida como A Festa dos Chóferes.

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de Mor recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO