Concello de Alfoz
Oiras (As)

Oiras (As)

Localización:
Limita ao norte coas parroquias do Castro de Ouro, Lagoa e Mor; ao sur coas de Figueiras (Mondoñedo) e O Pereiro; ao leste coas de Adelán e Figueiras (Mondoñedo);  e ao oeste coa do Pereiro.

Lugares:
Os habitantes das Oiras agrúpanse nas entidades de Aguillón, As Airas, Arriba do Río, O Cabradoiro, A Igrexa, Insua Nova, Insua Vella, O Leboreiro, O Pazo, A Pena Mosqueira, Rego do Aro, A Ribeira, O Río das Donas, Escourido, A Rúa, Sesín, A Trabada e O Xogral. 

Feligresía:
A parroquia de San Mamede das Oiras pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol. Da súa xurisdición parroquial depende o anexo de San Martiño de Figueiras.

Festas:
Celébrase a Nosa Señora do Carme, o 16 de xullo e San Mamede, o 17 de agosto.

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de As Oiras recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO