Concello de Alfoz
Pereiro (O)

Pereiro (O)

Localización:
Limita ao norte coa parroquia de Frexulfe (O Valadouro); ao sur coas de Labrada (Abadín) e Montouto (Abadín); ao leste coas de Lagoa. As Oiras e Viloalle (Mondoñedo); e ao oeste coas de Montouto (Abadín) e O Cadramón (O Valadouro).

Lugares:
Trátase da parroquia máis extensa do concello de Alfoz, encontrándose os seus veciños agrupados nos lugares de O Acivro, A Arnela, Bordón, Bustelo, A Cabanela, A Caxigueira, O Chao, A Costa, O Coto, Faián, Ferradás, Guilfonso, A Moa, O Outeiro, A Palloza, A Pena do Golpe, A Pesquita, O Pichín, A Ribeira, Rozas, A Rúa e Rubeiro.

Feligresía:
A parroquia de Santa María do Pereiro pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Aínda que a titular da parroquia é Santa María, o 15 de agosto, tradicionalmente celébrase a Natividade da Virxe María, o 8 de setembro.

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de O Pereiro recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO