Concello de Alfoz
Reirado

Reirado

Localización:
Limita ao norte coas parroquias de Budián (O Valadouro), Ferreira (O Valadouro) e Bacoi; ao sur coas de Lagoa e Mor; ao leste coas de Bacoi e Mor; e ao oeste coa de Santa Cruz (O Valadouro).

Lugares:
A parroquia de Reirado conta con 4 entidades: O Penido, Reirado, San Caetano e As Teixoeiras.

Feligresía:
A parroquia de Santa María de Reirado pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol. Eclesiasticamente está distribuída entre as parroquias de Ferreira (O Valadouro) e San Pedro de Mor.

Festas:
Aínda que a titular da parroquia é Santa María, o 15 de agosto, tradicionalmente celébrase o San Caetano o 7 de agosto.

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de Reirado recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO