Concello de Alfoz
 
Rexistro de actividades de tratamento
 
O artigo 30 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que cada responsable levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúa e coa información indicada a continuación:
  • O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
  • Os fins do tratamento.
  • Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais
  • As categorías dos destinatarios dos datos.
  • As transferencias de datos persoais, se as hai.
  • Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
  • Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
Así mesmo, segundo regúlase no artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), todas as entidades incluídas no artigo 77.1 desta lei orgánica deberán facer público un inventario dos seus tratamentos no que constará a información establecida no artigo 30 do RXPD e a súa base legal lexitimadora para o tratamento dos datos de carácter persoal.
 
De conformidade con esta normativa, publícase un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo Concello de Alfoz, pode acceder ao documento completo no seguinte enlace:
 https://drive.google.com/file/d/1Qvc0xf_Rse_Ry9SJYh4IIrlwoxjxOiZP/view?usp=sharing
 

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO