A Biblioteca Pública Municipal, convoca o XIV Concurso de Postais de Nadal 2016, de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar tódolos nenos dentro das seguintes categorías:
2.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 doblado pola metade.
3.- O prazo de presentación das postais rematará o 12 de decembro de 2016, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL do concello de Alfoz.
4.- Un xurado, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de dous traballos por categoría. Os autores seleccionados recibirán cadanseu premio.
5.- O Concello de Alfoz resérvase o dereito de reproducir e dar coñecemento á opinión pública das propostas premiadas, así como da difusión da postal gañadora da forma que considere oportuna.
6.- O fallo do xurado farase público na segunda quincena de decembro de 2016.