Concello de Alfoz
O CONCELLO DE ALFOZ E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABREN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN VALOR DA FIGURA DE PARDO DE CELA

O CONCELLO DE ALFOZ E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABREN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN VALOR DA FIGURA DE PARDO DE CELA

21/Maio/2017

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva comprometeuse co tenente de alcalde de Alfoz para que o cadro do Mariscal Pardo de Cela, instalado na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, poda ser exposto no Castelo de Castrodouro sempre e cando non haxa impedimentos legais nin técnicos.

O Mariscal foi señor das terras de Alfoz polo século XV e nesta localidade mantense vestixios da súa vida no Val, aínda que a única imaxe que existe de Pedro de Pardo de Cela é o cadro exposto na Deputación de Pontevedra.

O cadro foi pintado por Manuel Angel Álvarez, natural de A Guarda, e doado por el á Deputación de Pontevedra, no ano 1883, a cambio dunha beca de 1.000 pesetas para realizar estudos en Madrid e Florencia. Foi presentado na Exposición do Ministerio de Ultramar, inaugurada polos Reis de España e Portugal en Madrid, titulando a obra “El Mariscal Pedro Pardo de Cela”.

Tralo encontro, Xabier Pardiñas subliñou que a Deputación e o Concello de Alfoz van establecer unha canle de colaboración institucional para realizar actuacións conxuntas para poñer en valor a figura deste Mariscal.

A Presidenta comprometeuse a realizar unha viaxe a Alfoz para coñecer o Castelo de Castrodouro, outro dos vestixios do Mariscal, que ademais está reflexado no cadro.

Xabier Pardiñas, que entregou á Presidenta unha réplica do Castelo na cerámica de Sargadelos, agradeceu o recibimento de Carmela Silva e o seu compromiso para explorar algunha posibilidade de que o cadro poida saír da Deputación de Pontevedra para “a súa posta en valor e que a xente que o visite veña a Alfoz, lugar onde se inspirou o autor. Temos un cachiño de Alfoz en Pontevedra”.

O CONCELLO DE ALFOZ E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABREN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN VALOR DA FIGURA DE PARDO DE CELA
O CONCELLO DE ALFOZ E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABREN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN VALOR DA FIGURA DE PARDO DE CELA
O CONCELLO DE ALFOZ E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABREN LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN VALOR DA FIGURA DE PARDO DE CELA
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO